The Mars Volta (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Mars Volta
Álbum de The Mars Volta
Publicado16 de setembro de 2022
Gravación2019 - 2021
Duración44:45
Xénero(s)rock progresivo, pop progresivo, rock alternativo
Selo(s)Clouds Hill
Producido porOmar Rodríguez-López
Cronoloxía
Noctourniquet
(2012)
The Mars Volta -

The Mars Volta é o sétimo álbum de estudio da banda estadounidense de rock progresivo The Mars Volta, publicado o 16 de setembro de 2022 a través do selo Clouds Hill.[1] Producido polo guitarrista, compositor e director musical Omar Rodríguez-López, o disco foi precedido polos sinxelos "Blacklight Shine", "Graveyard Love" e "Vigil".[2]

É o primeiro álbum de estudio do grupo en máis de dez anos, tras o seu traballo de 2012 Noctourniquet e a posterior ruptura. Despois de reunirse en segredo en 2019, os líderes da banda Rodríguez-López e Cedric Bixler-Zavala fixeron un esforzo consciente para afastarse do seu anterior son de rock progresivo e gravar un álbum influenciado polo pop, con Bixler-Zavala abordando directamente nas súas letras as recentes loitas da súa familia coa Igrexa da Ciencioloxía.[3]

A baixista orixinal Eva Gardner e o teclista e percusionista Marcel Rodríguez-López, habitual na banda, regresaron a The Mars Volta durante o proceso de gravación, gravando as súas partes en Nova York xunto co batería Willy Rodriguez Quiñones.[4] O pianista de jazz Leo Genovese colaborou co disco, uníndose finalmente ao grupo para a xira de promoción do álbum, xunto coa batería Linda-Philomène Tsoungui.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

A finais do ano 2012, tras o lanzamento do sexto álbum de The Mars Volta, Noctourniquet, os membros principais Cedric Bixler-Zavala (voces) e Omar Rodríguez-López (guitarra, produción) disolveron o grupo despois de pelexarse entre eles. Escribindo na súa conta persoal de Twitter a principios de 2013, Bixler-Zavala afirmou: "Non podo sentarme aquí e finxir máis. Xa non son membro de Mars Volta. Para que conste, esforceime ao máximo para conseguir unha xira por América do Norte do Noctourniquet, pero Omar non quixo".[5] Reflexionando sobre isto en 2022 Bixler-Zavala destacou: "Estaba nun lugar realmente impaciente cando deixei a banda, moi inmaduro, facendo moito ruído nas redes sociais. Era tan só unha especie de mocoso".[5] Nesa época Bixler-Zavala unírase á Igrexa da Ciencioloxía, creando tensións entre el e Rodríguez-López e facendo que a parella se separase.[3]

Aos dous anos reconciliáronse, formando o supergrupo Antemasque e traballando no álbum de At the Drive-In In•ter a•li•a (2017), antes de reunir The Mars Volta en segredo en 2019.[6] Remarcando as diferenzas entre At the Drive-In e The Mars Volta, Rodríguez-López destacou: "O de At the Drive-In thing era algo moi finito. Era en parte nostalxia e pasado, e de onde vimos e as nosas raíces. Hai unhas certas expectativas e algo que debes dar aí, e os parámetros están moi axustados. Con The Mars Volta sempre volve a idea de, "¿é emocionante, conmóveme? ¿É o que escoito saír dos altofalantes só algo que me fai bailar?"[5]

Unha nota de prensa para o álbum afirmaba que o traballo contén tan só "dous temas de máis de catro minutos", marcando un cambio do son e fastándose do rock progresivo para achegarse a un terrtorio marcado por "toques máis sutís e ritmos caribeños".[7] A mesma nota de prensa tamén dicía que a banda está no seu momento "máis maduro, máis conciso, máis centrado".[2]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "Blacklight Shine"   2:55
2. "Graveyard Love"   3:14
3. "Shore Story"   3:15
4. "Blank Condolences"   3:27
5. "Vigil"   3:14
6. "Qué Dios Te Maldiga Mí Corazón"   1:41
7. "Cerulea"   3:45
8. "Flash Burns from Flashbacks"   2:38
9. "Palm Full of Crux"   3:36
10. "No Case Gain"   2:41
11. "Tourmaline"   3:34
12. "Equus 3"   4:09
13. "Collapsible Shoulders"   2:24
14. "The Requisition"   4:12

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Anderson, Carys (2022-08-05). "The Mars Volta announce new self-titled album, share "Vigil": Stream". Consequence (en inglés). Consultado o 2022-11-11. 
  2. 2,0 2,1 Nast, Condé (2022-08-05). "The Mars Volta Announce First Album in a Decade, Share New Song". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2022-11-11. 
  3. 3,0 3,1 "Stay Vigilant: The Mars Volta Interviewed". The Quietus (en inglés). Consultado o 2022-11-11. 
  4. Kamiński, Karol (2022-09-12). "THE MARS VOLTA unveil new chapter of their impressve ongoing artistic revolution with their new 7th album". IDIOTEQ.com (en inglés). Consultado o 2022-11-12. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Pareles, Jon (7 de setembro de 2022). "The Mars Volta Returns With a Swerve: Its Own Version of Pop". The New York Times. Consultado o 13 de novembro de 2022. 
  6. Krol, Charlotte (2022-08-05). "The Mars Volta announce first album in 10 years and share new single 'Vigil'". NME (en inglés). Consultado o 2022-11-13. 
  7. Blistein, Jon; Blistein, Jon (2022-08-05). "The Mars Volta's First Album Since 2012 Will Drop This Year". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2022-11-13.