The Gabba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Gabba
Gabba ashes 24112006.jpg
Australia Brisbane Cricket Ground
Datos
Localización Brisbane, Australia
Construción
Inauguración 1895
Renovación Entre 1993 e 2005
Estadio
Superficie Herba
Dimensións 170'6 x 149'9 m
Capacidade 42.000 asentos
Propietario Goberno de Queensland
Localía Fútbol australiano: Brisbane Lions (AFL)
Cricket: Queensland Bulls (Sheffield Shield)
Cricket: Brisbane Heat (Big Bash League)
Eventos
Copa do Mundo de Rugby League 1957
Copa do Mundo de Cricket 1982
Xogos Olímpicos de 2000 (fútbol)

O Brisbane Cricket Ground, popularmente coñecido como The Gabba, é un estadio da cidade australiana de Brisbane, a capital de Queensland. O seu alcume provén do nome do barrio no que está situado: Woolloongabba. O terreo de xogo é elíptico, cunhas dimensións de 170'6 metros de lonxitude no seu eixo maior, e 149'9 metros no seu eixo menor. A capacidade das bancadas é de 42.000 persoas sentadas. Trátase do terceiro recinto deportivo con maior capacidade da cidade, tralo Lang Park (52.500 asentos) e o Queensland Sport and Athletics Centre (49.000 asentos).

Construído en 1895 para acoller os encontros de cricket do equipo de Queensland, neste recinto deportivo tamén comezou a xogarse a fútbol australiano a comezos do século XX. Na actualidade emprégase para disputar encontros de fútbol australiano entre os meses de marzo e setembro, e encontros de cricket entre setembro de marzo, aproveitando que estes dous deportes desenvolven as súas competicións oficiais cada un nunha metade oposta do ano.

Cada un dos dous equipos de cricket representativos de Queensland (os Queensland Bulls de cricket clásico e o Brisbane Heat da disciplina Twenty20) disputa ó redor de 6 ou 7 encontros por tempada no Brisbane Cricket Ground durante as estacións de primavera e verán, mentres que o equipo de fútbol australiano (Brisbane Lions) celebra 11 ou 12 encontros por tempada durante as estacións de outono e inverno.

Ó longo da historia, The Gabba tamén ten acollido eventos deportivos de exhibición ou entre seleccións nacionais nas disciplinas de fútbol, de rugby union, rugby league, béisbol, ciclismo e mesmo equitación. Tamén serve como recinto para concertos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]