The Edge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Edge
U2-Anaheim 2005 Edge.jpg
Nome completo David Howell Evans
Naceu 8 de agosto de 1961 (52 anos)
Orixe Londres Inglaterra
Instrumento(s) guitarra
Relacionado con U2
Tempo en activo 1976 - actualidade

David Howell Evans, máis coñecido como The Edge, nado o 8 de agosto de 1961, é o guitarrista e principal compositor da banda irlandesa U2. O distintivo son da súa guitarra e o seu percutivo estilo de tocar, á parte do seu uso innovador de procesadores de son dixitais (sobre todo do delay), axudaron a definir o son único de U2. A pesar de ter nacido en Inglaterra, considérase a si mesmo de Dublín.