Achtung Baby
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Achtung Baby | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Álbum de U2 | |||||
| Edición: | 19 de novembro de 1991 | ||||
| Datas de gravación: | 1990 | ||||
| Estudio(s) de gravación: | Hansa Ton Studios (Berlín) e Windmill Lane Studios (Dublín) | ||||
| Duración: | 55:27 | ||||
| Xénero: | rock, rock alternativo | ||||
| Selo(s): | Island Records | ||||
| Producido por: | Daniel Lanois con Brian Eno | ||||
| Cronoloxía | |||||
|
|||||
Achtung Baby é o sétimo álbum de estudio da banda irlandesa U2, editado o 19 de novembro de 1991. O álbum marca un cambio drástico no son da banda, collendo moitas influencias electrónicas nos ritmos, tendo unha produción máis detallada e máis efectos de guitarra, así como un contido nas letras máis escuro e persoal.
Achtung Baby foi colocado no número 63 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos"[1]. No mes de febreiro do 2011 foi elixido polos lectores da revista Rolling Stone o cuarto mellor álbum dos anos 90[2].
Listaxe de cancións [editar]
A música está composta por U2, e as letras escritas por Bono e The Edge.
- "Zoo Station" – 4:36
- "Even Better Than the Real Thing" – 3:41
- "One" – 4:36
- "Until the End of the World" – 4:39
- "Who's Gonna Ride Your Wild Horses" – 5:16
- "So Cruel" – 5:49
- "The Fly" – 4:29
- "Mysterious Ways" – 4:04
- "Tryin' to Throw Your Arms Around the World" – 3:53
- "Ultraviolet (Light My Way)" – 5:31
- "Acrobat" – 4:30
- "Love Is Blindness" – 4:23
Notas [editar]