Tenacidade
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A tenacidade é a enerxía mecánica necesaria para levar un material á ruptura. Se un material é tenaz pode sufrir un alto grao de deformación sen romper.
Tal enerxía pode ser calculada a través da área nun gráfico Tensión - Deformación do material, portando basta integrar a curva que define o material, da orixe até a ruptura.
Segundo a tenacidade, un material pode ser:
- Friábel (fráxil, crebadizo): Que pode ser crebado ou reducido a po con facilidade. Ex: calcita, fluorita.
- Maleábel: Pode ser transformado facilmente en láminas. Ex. ouro.
- Séctil: Pode ser facilmente cortado cun canivete. Ex. ouro.
- Dúctil: Pode ser transformado facilmente en fíos. Ex. ouro.
- Flexíbel: Pode ser dobrado, mais non recupera a forma anterior. Ex: talco.
- Elástico: Pode ser dobrado, recuperando a forma anterior. Ex. micas.