Teófilo Caamaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Teófilo Caamaño Caamaño, nado en Carnota en 1912 e falecido na Coruña en 1997, foi un mariñeiro e guerrilleiro antifascista galego.

Índice

[editar] Traxectoria

Nado no seo dunha humilde familia mariñeira, Teófilo navegou desde moi novo no barco de tres paos do seu pai, primeiro transportando pasaxeiros polo litoral da Costa da Morte, e logo subministrando tella a poboacións costeiras do mesmo roteiro.

De ideoloxía declaradamente galeguista e de esquerdas, no ano 1936 foi sorprendido atopándose nun mercante en Melilla polo golpe de estado de Francisco Franco e estivo a piques de ser fusilado. Enrolado pola forza na Lexión, valeulle para cruzar o estreito para unirse á resistencia republicana.

[editar] Derrota republicana

Trala derrota do bando republicano, Teófilo conseguiu escapar por mar a Francia, onde o sorprendeu o estourido da Segunda Guerra Mundial atopándose nun dos varios campos de refuxiados polos que pasara, uníndose á resistencia francesa contra os nazis e sendo apreixado e retido máis tarde no campo de concentración de Mauthausen, de onde tamén logrou escapar se ben perdeu nela a familia directa que tiña. Finalmente, e xa enrolado na guerrilla dos maquis, Teófilo formou parte da primeira columna aliada que entrou vitoriosa en París trala súa "liberación", o que lle valeu numerosas distincións militares.

[editar] Regreso clandestino ao Estado Español

Máis tarde, conseguiu atravesar clandestinamente a fronteira franco-española para rematar traballando -de xeito sempre temporal- nos labores e nos lugares máis diversos. Durante unha das súas viaxes, no ano 1975 coñece a Amancio Prada en Segovia, co que trabou unha forte amizade personal. O intenso sentimento de morriña de Teófilo levouno a compartir co cantautor leonés as súas memorias e sobre todo os relatos, coplas e cantares da súa terra natal de Carnota que mantiña frescos na memoria, e moitas das cales se verían reflectidas na obra de Amancio Prada, e en especial no álbum De mar e terra editado en 1999.

Os últimos anos da súa vida pasounos no total esquecemento nunha residencia de anciáns de Segovia. Tras a súa morte no ano 1997, a familia que lle quedaba en Carnota fixo unha colecta para sufragar o retorno do corpo de Teófilo á súa terra natal, e o enterro no cemiterio da localidade.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas