Steve Lukather
| Steve Lukather | |
|---|---|
| Nome completo | Steven Lee Lukather |
| Alias | |
| Naceu | 21 de outubro de 1957 (55 anos) |
| Orixe | San Fernando Valley, California ( |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | Músico, compositor, produtor |
| Xénero | hard rock, Pop rock, Jazz fusion |
| Instrumento(s) | Guitarra, voz |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | Toto, Ringo Starr & His All-Starr Band, Los Lobotomys, Larry Carlton |
| Tempo en activo | 1975-presente |
| Web | http://www.stevelukather.net/ |
Steven Lee "Luke" Lukather, nado o 21 de outubro de 1957 en San Fernando Valley, California, é un guitarrista, cantante, compositor e produtor americano, coñecido polo seu traballo na banda americana Toto. Lukather gravou partes de guitarra para máis de 1500 álbums, para unha gran cantidade de artistas e xéneros diferentes. Contribuiu tamén en álbums coma compositor ou produtor. Lukather editou seis álbums en solitario, e está a traballar no sétimo.
En 1976, cando Lukather tiña 19 anos, foi invitado polos seus compañeiros de instituto David Paich e os irmáns Porcaro, Steve e Jeff, a formar parte da súa banda, Toto. Foi membro da banda ata a súa separación no ano 2008, e segue involucrado nas xiras que fan periodicamente. Foi nominado a doce Premios Grammy, e gañou cinco. Mentres que o seu traballo con Toto baseábase principalmente no pop rock e o seu traballo en solitario no rock progresivo e no hard rock, moitos dos traballos aparte de Lukather céntranse no jazz fusion. Colaborou durante moito tempo co guitarrista de jazz Larry Carlton, e foi membro da banda de jazz fusion Los Lobotomys.
Influenciado por guitarristas de blues rock coma Jimi Hendrix ou Jimmy Page, e outros de jazz fusion coma Al Di Meola e Frank Gambale, Lukather é coñecido polo seu estilo "melódico e intenso". É tamén recoñecido pola súa eficiencia no estudio, xa que pasou de usar moitos efectos de guitarra no estudio e usar o mínimo de efectos no proceso do sonido.
Índice |
Discografía [editar]
Solo [editar]
- Lukather (1989)
- Candyman (1994)
- Luke (1997)
- No Substitutions: Live in Osaka (2001)
- Santamental (2003)
- Ever Changing Times (2008)
- All's Well That Ends Well (2010)
Toto [editar]
- Categoría principal: Categoría:Álbums de Toto.
Los Lobotomys [editar]
- Los Lobotomys (1999)