Jeff Porcaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jeff Porcaro
Jeff Porcaro Toto Fahrenheit World Tour 1986.jpg
Nome completo Jeffrey Thomas Porcaro
Naceu 1 de abril de 1954
Morreu 5 de agosto de 1992
Instrumento(s) batería
Relacionado con Toto

Jeffrey Thomas Porcaro (1 de abril de 19545 de agosto de 1992) foi un recoñecido batería de sesión e fundador da banda Toto. Nos seus 38 anos de vida tocou con centos de artistas e apareceu en incontables discos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Connecticut o 1 de abril de 1954. Comezou a tocar con 7 anos e á idade de 28 xa tiña a experiencia e prestixio que non acadaran moitos baterías en toda a súa vida. Porén, nunca se considerou nin tivo pretensións de ser o mellor batería do mundo, endexamais tivo esa presión.

Tocou con grandes artistas como Bonnie Raitt, Bee Gees, Pink Floyd, Michael Jackson e moitos máis. Jeff sufriu un ataque ó corazón o 5 de agosto de 1992 por mor dunha reacción alérxica a un pesticida que estaba a utilizar. Algúns rumores apuntaron á adicción á cocaína como causante pero os máis achegados a el sempre souberon que superara o problema e descartaron esta hipótese.

No seu honor organizouse o Tributo a Jeff Porcaro, que contou cunha gran presenza de grandes da percusión e fundouse tamén o Jeff Porcaro Memorial Fund.

No seu haber hai grandes sinxelos coma Rosanna ou Mushanga que gravou coa súa principal banda Toto.