Stefano Dominicali
| Stefano Dominicali | |
|---|---|
| Nacemento: | 11 de Maio de 1965 Imola, Italia |
| Nacionalidade: | |
| Ocupación: | Director deportivo de Ferrari 2008 - Presente |
Stefano Domenicali (nado o 11 de maio de 1965) é actualmente o director do equipo Ferrari de Fórmula Un.
É fillo dun prominente banqueiro[1] en Imola. Estudou administración de empresas na Universidade de Bolonia, onde se graduou en 1991. [2] Sempre crera que estaba destinado a facer unha carreira no automobilismo, debido ao seu lugar de nacemento.[3]
Carreira [editar]
Uniuse a Ferrari, inmediatamente despois da súa gradación en 1991, onde traballou na administración fiscal da empresa.[3] Entre 1992 e 1994, foi director de carreira en Mugello estivo involucrado en MotoGP, DTM e outra serie de carreiras.[3][4] En 1995, foi nomeado xefe de persoal no departamento deportivo de Ferrari, tamén estivo implicado na coordinación de patrocinios, antes de ser promovido a xefe de equipo en decembro de 1996,[3][5] onde permaneceu ata xaneiro de 2001. Logo dunha breve experiencia como Xerente de Loxística, converteuse en director deportivo do equipo en 2002.[5][3]
O 12 de novembro de 2007 Ferrari, anunciou que Stefano Domenicali, asumia o papel de Director do equipo Ferrari de Fórmula Un, un posto anteriormente en mans de Jean Todt. Baixo o seu liderado, Ferrari gañou o Campionato de Construtores 2008, antes de soportar unha tempada menos competitiva en 2009 na que o equipo só gañou unha única carreira. En 2010, o equipo gañou cinco carreiras e terminou terceiro no Campionato de Construtores, detrás de Red Bull Racing e McLaren, o mesmo resultado que en 2011 ainda que nesta tempada só gañou unha carreira.
Notas [editar]
- ↑ "Domenicali by James Allen". Arquivado do orixinal o 25 October 2008. http://web.archive.org/web/20081025060119/http://www.jamesallenonf1.com/features/domenicali.htm.
- ↑ "Domenicali Ferrari Bio". http://www.ferrari.com/English/Formula1/Scuderia/Management/Domenicali/Pages/Domenicali.aspx.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Domenicali Profile". http://www.thescuderia.net/StefanoDomenicaliprofile.shtml.
- ↑ "Interview with FerrariWorld Channel". http://www.youtube.com/watch?v=DkmVZyR2qBA.
- ↑ 5,0 5,1 "Grandprix.com biography". http://www.grandprix.com/gpe/cref-domste.html.
