Slo Burn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Slo Burn
OrixePalm Desert (California), Estados Unidos
Período1996 - 1997
2017
Xénero(s)stoner rock, desert rock
Selo(s) discográfico(s)Malicious Vinyl
MembrosJohn Garcia
Damon Garrison
Chris Hale
Brady Houghton
Artistas relacionadosKyuss, Unida, Hermano
Na rede
Facebook: sloburnofficial Instagram: sloburnofficial MySpace: sloburnruled Last fm: Slo+Burn Musicbrainz: 08dbc17c-a723-4d04-a7b3-8739c1895dd9 Songkick: 408148 Discogs: 540049 Allmusic: mn0001625569 Editar o valor em Wikidata

Slo Burn foi unha banda de stoner rock de curta vida formada por John Garcia en 1996, meses despois da disolución de Kyuss, anterior banda de Garcia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Slo Burn naceu inicialmente como unha sesión de improvisación pero acabou transformándose nunha banda.[1] O grupo editou unicamente un EP titulado Amusing the Amazing. Estaba composta polo líder e vocalista de Kyuss John Garcia (voz), Damon Garrison (baixo), Chris Hale (guitarra) e Brady Houghton (batería).[2] Slo Burn estivo de xira co Ozzfest de 1997 pero separouse antes de que rematase, no mes de setembro dese ano.

Slo Burn ten unha sonoridade semellante á de Kyuss, debido á característica voz de John Garcia e ao traballo de produción de Chris Goss no uníco traballo que editaron, o EP Amusing the Amazing. Con todo, a súa música é máis directa e menos complexa que a da Kyuss, que en moitas ocasións alcanzaba a sicodelia.

Despois da disolución da banda John Garcia uniríase á igualmente banda de curta vida Unida antes de converterse no vocalista de Hermano, coa que editou dous álbums de estudio e un en directo. Damon Garrison tocou nas bandas Casino, Vega, Zoo, sendo membro no presente de Brave Black Sea, onde tamén toca Chris Dale e o batería Alfredo Hernandez. Brady Houghton tocou nos grupos The Ross Sea Party e Life Leone[1]

No ano 2017 Slo Burn reuniuse e tocou en varios festivais europeos como o Desertfest de Londres[3] e o Freak Valley en Alemaña.[4] A banda tamén realizou un único concerto nos Estados Unidos no Psycho Las Vegas 2017.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Admin (2017-08-16). "The Return of Slo Burn". Coachella Valley Weekly (en inglés). Consultado o 2020-09-09. 
  2. Allmusic (ed.). "Slo Burn". Consultado o 3 de abril de 2018. 
  3. "John Garcia’s cult desert rock unit SLO BURN to reform for an exclusive U.K. performance at DESERTFEST LONDON – Purple Sage PR". Purple Sage (en francés). Consultado o 2020-09-09. 
  4. "FREAK VALLEY 2017: Slo Burn Added to Lineup". The Obelisk. 2016-11-18. Consultado o 2020-09-09.