Silleda, Silleda, Silleda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Silleda
Casa do concello de Silleda.JPG
Casa do concello
Parroquia Silleda
Concello Silleda
Poboación 2.759 hab. (ano 2010)

Silleda é unha vila da parroquia de Silleda no concello pontevedrés de Silleda. É a capital do concello. No ano 2010 contaba con 2.759 habitantes, deles 1.406 eran homes e 1.353 eran mulleres. Isto supón un aumento no número de habitantes con respecto ao ano 2000.

Nesta vila, capital do concello, aséntase a casa do concello. Conta con tres centros de ensinanza: o CEIP de Silleda, o Colexio María Inmaculada e o IES Pintor Colmeiro.

Está asentada na intersección da N-525 coas estradas PO-211 e PO-201, que coinciden cos trazados das antigas estradas a Compostela, á estación do ferrocarril do Castro, e a Laro, respectivamente. A vila de Silleda xa ten case absorbidos os lugares de Outeiro e do Foxo.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Silleda[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Silleda no concello de Silleda (Pontevedra)

Casas do Monte | Costoia | Fonteboa | O Foxo | A Mera | Mourelos | Outeiro | Silleda | Toiriz | Toxa | Trasfontao

Parroquias de Silleda[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Silleda

Abades (Santa María) | Ansemil (San Pedro) | Breixa (Santiago) | Carboeiro (Santa María) | O Castro (San Mamede) | Cervaña (San Salvador) | Chapa (San Cibrao) | Cira (Santa Baia) | Cortegada (Santa María) | Dornelas (San Martiño) | Escuadro (San Salvador) | Fiestras (San Martiño) | Graba (Santa María) | Lamela (San Miguel) | Laro (San Salvador) | Manduas (San Tirso) | Margaride (San Fiz) | Martixe (San Cristovo) | Moalde (San Mamede) | Negreiros (San Martiño) | Oleiros (San Miguel) | Parada (San Tomé) | Pazos (San Martiño) | Piñeiro (San Xiao) | Ponte (San Miguel) | Refoxos (San Paio) | Rellas (San Martiño) | Saídres (San Xoán) | Siador (San Miguel) | Silleda (Santa Baia) | Taboada (Santiago) | Vilar (San Martiño) | Xestoso (Santa María)