Fiestras, Silleda
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Fiestras | |
|---|---|
| Igrexa de San Martiño de Fiestras. | |
| Concello | Silleda |
| Área | - km² |
| Poboación | 127 hab. (2011) |
| Entidades de poboación | 9 |
San Martiño de Fiestras é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 127 habitantes (68 mulleres e 59 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 2007 cando tiña 139 habitantes. Da parroquia de Fiestras é o recoñecido pintor José Antonio Fondevila.
Índice |
Historia [editar]
A igrexa de San Martiño de Fiestras data entorno ao ano 1170. O mosteiro de Aciveiro exercía sobre estas terras o seu poder, concesión do rei Fernando III en 1232, cunha granxa e paneira presidida pola, aínda hoxe existente, Casa do Convento.
Poboación [editar]
Evolución na década 2001-2009 da poboación de Fiestras:

| Posición | Lugar | Poboación (2011) | Porcentaxe |
| 1º | Fiestras | 31 | 24.41% |
| 2º | Aragonza | 20 | 15.75% |
| 3º | Barcia | 17 | 13.39% |
| - | Recimil | 17 | 13.39% |
| 5º | Maril | 12 | 9.45% |
| 6º | Costoia | 11 | 8.66% |
| 7º | San Martiño | 10 | 7.87% |
| 8º | Santo Antonio | 9 | 7.09% |
| Total | Fiestras | 127 | 100% |
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Fiestras [editar]
| Lugares da parroquia de Fiestras no concello de Silleda (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Aragonza | Barcia | Costoia | Fiestras | Maril | Marín | Recimil | San Martiño | Santo Antonio |