O Foxo, Silleda, Silleda
| O Foxo | |
|---|---|
| Casa de Martínez de 1793. | |
| Parroquia | Silleda |
| Concello | Silleda |
| Poboación | 56 hab. (ano 2011) |
O Foxo é un lugar da parroquia de Silleda no concello pontevedrés de Silleda. Segundo o IGE en 2011 contaba con 56 habitantes, deles 27 eran homes e 29 eran mulleres. Isto supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 65 habitantes.
Índice |
Historia [editar]
O Foxo viviu a súa época dourada entre os séculos XVI e o primeiro terzo do XIX. Pertencía á antiga provincia de Santiago, xurisdición de Trasdeza sendo capital civil do distrito do mesmo nome. Xa aparece mencionado nunha das primeiras cartografías que se conservan sobre Galicia, o mapa do reino de Galicia de Fenando de Ojea do ano 1612. Moi descoidado na actualidade, diversas fontes destacan a súa importancia como cruce de importantes camiños medievais, paso obrigado de arrieiros, arteria que ía a Compostela e verea relixiosa para aqueles que dende o sur da península e nordeste de Portugal peregrinaban ata a catedral de Santiago.
O paso obrigado de camiñantes de diverso rango, marcou a vida desta aldea e xerou os servizos e establecementos que se demandaban, como o de postas, do ferreiro, de botica, correos, estanco, cobradores de impostos e de portádego, fontes, lavadoiro, capela de servizos relixiosos, xuíz e administrador real.
Actualidade [editar]
Aínda hoxe, no Foxo aprécianse restos da diversa tipoloxía de construcións, destacando, polas súas dimensións, edificacións como a Casa de Martínez de 1793, a Casa da Botica, a Casa Cuartel, a que foi Casa do Concello e antes Casa da Administración,con estafeta de correos e estanco, case non se distingue agora por culpa das hedras.
Relixión [editar]
No Foxo venérase a San Roque, o peregrino por excelencia e celébrase unha misa na súa honra unha vez ao ano.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Silleda, Silleda.
-
Símbolo do Victor, acuñado no Imperio Romano e adoptado posteriormente por algunhas universidades como a de Salamanca. Atópase na Casa Martinez de 1793.
-
Antiga porta de entrada á Casa do Concello, con estafeta de correos e estanco, actualmente abandonada e invadida polas hedras.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Silleda [editar]
| Lugares da parroquia de Silleda no concello de Silleda (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Casas do Monte | Costoia | Fonteboa | O Foxo | A Mera | Mourelos | Outeiro | Silleda | Toiriz | Toxa | Trasfontao |
Parroquias de Silleda [editar]
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Abeledo Penas, Alfredo (2011). "O Camiño Mozárabe". http://www.viaprataourense.ceo.es/doc/boletin_viaprata9.pdf. Consultado o 2 de decembro de 2012.