Casas do Monte, Silleda, Silleda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casas do Monte
ParroquiaSilleda
ConcelloSilleda
Coordenadas42°42′24″N 8°14′57″O / 42.706738172635, -8.2491891013463Coordenadas: 42°42′24″N 8°14′57″O / 42.706738172635, -8.2491891013463
Poboación8 hab. (2011)
editar datos en Wikidata ]

Casas do Monte é un lugar da parroquia de Silleda no concello pontevedrés de Silleda. No ano 2011 tiña 8 habitantes, deles 2 eran homes e 6 eran mulleres. Isto supón unha diminución no número de habitantes con respecto ao ano 2000.

Historia[editar | editar a fonte]

Pertencente ata mediados do século XIX á parroquia de San Miguel de Ponte, desde aquela forma parte da parroquia de Silleda. Foi o cuartel xeral das tropas da xurisdición de Trasdeza en 1809, por mor da guerra da independencia española.

En 1936, nos primeiros compases da guerra civil española, foi "paseado" no Monte dos Olmos, próximo a este lugar, Luís Muíños Lorenzo, veciño do Castro e membro do sindicato "Unión Obrera de Ponte".[1]

Poboación[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Represaliados en Silleda". Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2014. Consultado o 11 de maio de 2012. 

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Silleda[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Silleda no concello de Silleda (Pontevedra)

Casas do Monte | Costoia | Fonteboa | O Foxo | A Mera | Mourelos | Outeiro | Silleda | Toiriz | Toxa | Trasfontao

Parroquias de Silleda[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Silleda

Abades (Santa María) | Ansemil (San Pedro) | Breixa (Santiago) | Carboeiro (Santa María) | O Castro (San Mamede) | Cervaña (San Salvador) | Chapa (San Cibrao) | Cira (Santa Baia) | Cortegada (Santa María) | Dornelas (San Martiño) | Escuadro (San Salvador) | Fiestras (San Martiño) | Graba (Santa María) | Lamela (San Miguel) | Laro (San Salvador) | Manduas (San Tirso) | Margaride (San Fiz) | Martixe (San Cristovo) | Moalde (San Mamede) | Negreiros (San Martiño) | Oleiros (San Miguel) | Parada (San Tomé) | Pazos (San Martiño) | Piñeiro (San Xiao) | Ponte (San Miguel) | Refoxos (San Paio) | Rellas (San Martiño) | Saídres (San Xoán) | Siador (San Miguel) | Silleda (Santa Baia) | Taboada (Santiago) | Vilar (San Martiño) | Xestoso (Santa María)