Escuadro, Silleda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Escuadro.
Escuadro
Porta da igrexa de San Salvador de Escuadro.jpg
Igrexa de San Salvador de Escuadro
Concello Silleda
Área - km²
Poboación 487 hab. (2011)
Densidade - hab./km²
Entidades de poboación 19

San Salvador de Escuadro é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 487 habitantes, distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 2007 cando tiña 506 habitantes. É a parroquia rural máis poboada de Silleda. Escuadro sufriu unha das sangrías demográficas máis acusadas do concello de Silleda. En 1930 a parroquia contaba con 1.030 veciños e baixou ata os 487 en 2011 o que supuxo unha perda de máis do 50% do seu censo.

Índice

[editar] Patrimonio

Dispón dunha fervenza, unha igrexa románica e unha casa señorial do século XVIII coñecida como Pazo de Cascaxide e é famosa a Pena de Auga, que amorea auga de chuvia no seu interior e que segundo a tradición cura as enfermidades da pel e dos ollos.

[editar] Festas

Celebra as súas festas patronais repartidas ao longo do ano. O terceiro sábado do mes de marzo celébrase o San Marcos, o 2 de xullo e o domingo seguinte venérase á Santa Isabel. O 6 de agosto e o 7 de agosto celébranse as festas do verán na honra ao San Salvador, patrón da parroquia. O 7 de agosto ten lugar tamén a Festa do Eurocubata, onde aparte da tradicional verbena a comisión pón a disposición dos festeiros Disc Jockeys e as bebidas espirituosas a prezos por debaixo do habitual.

[editar] Poboación

Posición Núcleo Poboación (2011) Porcentaxe
Senra 67 13.76%
Sestelo 56 11.50%
Escuadro 38 7.80%
- Soldecasa 38 7.80%
Barreiro 35 7.19%
Sar 32 6.57%
Bustelo 31 6.37%
- Outeiro 31 6.37%
Cascaxide 28 5.75%
- Cumbraos 28 5.75%
11º Cimadevila 26 5.34%
12º Balántiga 23 4.72%
13º Paredes 22 4.52%
14º A Penadauga 15 3.08%
15º Portovello 8 1.64%
16º Férveda 7 1.44%
17º Rañadoiro 2 0.41%
Total Escuadro 487 100%

[editar] Galería de imaxes

[editar] Lugares e parroquias

[editar] Lugares de Escuadro

Lugares da parroquia de Escuadro no concello de Silleda (Pontevedra)

Balántiga | Barreiro | Bustelo | Cascaxide | Cimadevila | Cumbraos | Escuadro | Férveda | Outeiro | Paredes | A Penadauga | Portovello | Rañadoiro | Sar | Senra | Sestelo | Soldecasa | A Somoza | Torrón

[editar] Parroquias de Silleda

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Silleda

Abades (Santa María) | Ansemil (San Pedro) | Breixa (Santiago) | Carboeiro (Santa María) | O Castro (San Mamede) | Cervaña (San Salvador) | Chapa (San Cibrao) | Cira (Santa Baia) | Cortegada (Santa María) | Dornelas (San Martiño) | Escuadro (San Salvador) | Fiestras (San Martiño) | Graba (Santa María) | Lamela (San Miguel) | Laro (San Salvador) | Manduas (San Tirso) | Margaride (San Fiz) | Martixe (San Cristovo) | Moalde (San Mamede) | Negreiros (San Martiño) | Oleiros (San Miguel) | Parada (San Tomé) | Pazos (San Martiño) | Piñeiro (San Xiao) | Ponte (San Miguel) | Refoxos (San Paio) | Rellas (San Martiño) | Saídres (San Xoán) | Siador (San Miguel) | Silleda (Santa Baia) | Taboada (Santiago) | Vilar (San Martiño) | Xestoso (Santa María)


[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas