Seth Low

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSeth Low

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xaneiro de 1850 Editar o valor em Wikidata
Brooklyn, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte17 de setembro de 1916 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Bedford Hills, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaGreen-Wood Cemetery (pt) Traducir 40°39′17″N 73°59′28″O / 40.654672, -73.991099 Editar o valor em Wikidata
92º Alcalde de Nova York
1 de xaneiro de 1902 – 31 de decembro de 1903
← Robert Anderson Van Wyck (pt) TraducirGeorge B. McClellan, Jr. (pt) Traducir →
11º President of Columbia University (en) Traducir
1890 – 1901
← Frederick Augustus Porter Barnard (pt) TraducirNicholas Murray Butler (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Columbia
Poly Prep Country Day School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAnne Wroe Scollay Curtis Low
PaiAbiel Abbot Low (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Low-2226 Find a Grave: 3342 Editar o valor em Wikidata


Seth Low nado o 18 xaneiro de 1850 en Brooklyn e finado en Nova York o 17 de setembro de 1916 en Bedford Hills, Nova York, foi un educador e político estadounidense do Partido Republicano que contou tamén co apoio do Partido Demócrata. Foi o último alcalde da cidade independente de Brooklyn, presidente da Universidade de Columbia, representante diplomático dos Estados Unidos de América e alcalde da cidade de Nova York.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vida temperá[editar | editar a fonte]

Low foi estudante no que entón era Polytechnic Preparatory High School, agora Poly Prep Country Day School, en Brooklyn e no Columbia College. Low, cuxo pai Abiel Low era un dos principais comerciantes con China, pasou varios anos na empresa familiar na década de 1870. En 1880 casou con Anne Wroe Scollay Curtis. Chegou a ser alcalde de Brooklyn en 1881; ao facelo, sucedeu ao seu avó, que tamén fora alcalde de Brooklyn. Serviu durante dous mandatos até 1885, pero o seu apoio a Grover Cleveland en 1884 enfureceu á poboación e non foi reelixido para un terceiro mandato.

Presidente da Universidade Columbia[editar | editar a fonte]

Despois de servir como alcalde de Brooklyn, Low asumiu a presidencia do Columbia College en 1890, cargo que ocupou ata 1901. Durante este tempo, supervisou o traslado da institución de Midtown Manhattan a Morningside Heights e cambiou o seu nome a Columbia University. O novo campus estaba totalmente integrado na cidade e incluía unha biblioteca dun millón de dólares construída en 1895.

O 4 de xullo de 1899 foi un dos delegados estadounidenses para asistir á Conferencia Internacional de Paz na Haia.

Alcalde de Nova York[editar | editar a fonte]

Low presentouse á alcaldía sendo presidente da universidade. Na súa campaña coa que gañou as eleccións, contou cos apoios do humorista Mark Twain, do seu partido e dos demócratas. Mellorou o sistema educativo da cidade, pero só exerceu como alcalde durante un ano, sendo sucedido en 1903 por George B. McClellan Jr., fillo do xeneral McClellan da Guerra civil.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Foi presidente do Instituto Tuskegee en Alabama desde 1907 até a súa morte en 1916. Desde 1907 foi tamén presidente da Federación Cívica Nacional. Low morreu na súa casa de Bedford Hills o 17 de setembro de 1916.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Biblioteca[editar | editar a fonte]

  • Low, Seth. In: Encyclopædia Britannica. 11. Band 17: Lord Chamberlain – Mecklenburg. Londres 1911, S. 72  

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]