Sergio Buenacasa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Buenacasa
Información persoal
Nome Sergio Buenacasa Alba
Nacemento 19 de abril de 1996
Lugar de nacemento Zaragoza
Altura 1,82 m.
Posición Dianteiro centro
Información de club
Club actual Teruel
Número 9
Carreira xuvenil
San Gregorio Arrabal
Zaragoza
2010–2013 Barcelona
2013–2015 Juventus
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2015–2017 Deportivo Aragón 60 (26)
2015–2016 Zaragoza 14 (0)
2017–2018 Barakaldo 38 (14)
2018–2020 Mallorca 8 (0)
2019–2020 Ponferradina 2 (0)
2020 Málaga 14 (0)
2020–2021 Hércules 24 (3)
2021–2022 Cultural Leonesa 19 (4)
2022–2023 La Nucía 11 (1)
2023 Talavera de la Reina 17 (4)
2023– Teruel 6 (0)
Na rede
UEFA: 250067041 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 22 de outubro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Sergio Buenacasa Alba, nado en Zaragoza o 19 de abril de 1996, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Teruel, da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista nas canteiras do San Gregorio Arrabal, do Real Zaragoza, do FC Barcelona e da Juventus.[1] No verán de 2015, con 19 anos, volveu a Zaragoza para xogar no Deportivo Aragón.[2]

O 7 de decembro de 2015 debutou co primeiro equipo do Zaragoza na Segunda División, nun partido diante do Bilbao Athletic en San Mamés, ingresando ao campo nos instantes finais como substituto de Alfredo Ortuño.[3] No verán de 2017 deixou de novo Aragón e fichou polo Barakaldo, da Segunda División B, no que militou durante unha campaña, marcando 14 goles.

En xuño de 2018 fichou polo Mallorca, co que logrou o ascenso á Primeira División, aínda que contou con poucos minutos de xogo. Para a tempada 2019/20 foi cedido á Ponferradina.[4] No equipo berciano, dirixido por Bolo, xogou só 31 minutos en seis meses, polo que en xaneiro de 2020 o club cancelou a súa cesión e o xogador foi cedido até final de tempada ao Málaga.[5]

Na campaña 2020/21 militou no Hércules, de Segunda B, e durante as seguintes campañas vestiu as camisetas de varios equipos da Primeira División RFEF: Cultural Leonesa,[6] La Nucía,[7] Talavera de la Reina e Teruel.[8][9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Artús, José Luis (13 de novembro de 2012). "Sergio Buenacasa, un delantero para todo". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2023. 
  2. "El fichaje de Sergio Buenacasa, en peligro por ser profesional". El Periódico de Aragón (en castelán). 27 de agosto de 2015. Consultado o 21 de outubro de 2023. 
  3. Gimeno, Javier (8 de diciembre de 2015). "Buenacasa debuta con el primer equipo". Vavel (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2023. 
  4. Otero, Roberto (12 de xullo de 2019). "El Mallorca cede a Buenacasa y Russo a la Ponferradina". Marca (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2023. 
  5. "Sergio Buenacasa refuerza la delantera blanquiazul" (en castelán). 11 de xaneiro de 2020. Consultado o 21 de outubro de 2023. 
  6. "Sergio Buenacasa, nuevo jugador de la Cultural" (en castelán). 26 de xuño de 2021. Consultado o 21 de outubro de 2023. 
  7. "Sergio Buenacasa es el tercer fichaje del Club de Fútbol La Nucía" (en castelán). cflanucia.futbol. 29 de xuño de 2022. Consultado o 21 de outubro de 2023. 
  8. "Sergio Buenacasa, nuevo fichaje del CF Talavera" (en castelán). lavozdeltajo.com. 19 de xaneiro de 2023. Consultado o 21 de outubro de 2023. 
  9. Paesa, Diego Vicente (12 de xuño de 2023). "El Teruel ficha al delantero Sergio Buenacasa". Aragondigital.es (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2023.