Hannah Montana
Miley Cyrus durante a xira como Hannah Montana. |
Hannah Montana é unha serie da televisión estadounidense creada por Michael Poryes, Richard Correll e Barry O'Brien que comezou a emitirse o 24 de marzo de 2006 en Disney Channel coproducida por It's a Laugh Productions e filmada en Hollywood, xunta con That's So Raven é un dos programas máis exitosos da cadea e a súa banda sonora foi un dos discos máis vendidos en 2006.
Argumento [editar]
A serie trata de Miley Stewart, interpretada por Miley Cyrus, unha estudante adolescente de catorce anos que vai vivir a Malibú con seu irmán máis vello, Jackson (Jason Earles) e seu pai Robby (Billy Ray Cyrus), compositor de música. Miley leva unha vida paralela pola noite como Hannah Montana, famosa cantante pop que oculta a súa identidade real ó publico, a non ser ós seus amigos íntimos, Lilly e Oliver, e á familia. Con todo, malia as vantaxes da fama, o que quere en realidade Miley é vivir unha vida como a de calquera rapaza da súa idade.
O 10 de abril de 2009 estreouse un filme baseado na serie, Hannah Montana: The Movie. A serie leva tres tempadas en antena e está prevista que a cuarta, que se gravará en 2009 para emitirse a comezos de 2010.