Adobe PageMaker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aldus PageMaker ou Adobe PageMaker, marcou un fito na historia dos programas de desktop publishing en combinación coa linguaxe de descrición de páxina PostScript, o ordenador Apple MacIntosh e a impresora láser. Permitían simular a un prezo moito menos que as estacións de traballo de fotocomposición o resultado das filmadoras, grazas á linguaxe común, o Postscript.

Ata meados da década de 1990, dominou o mercado no campo da produción gráfica, de material publicitario e xornalístico. En virtude dese éxito, a empresa foi adquirida por Adobe Systems. O programa foi descatalogado, sendo substituído por Adobe InDesign.

Historia de lanzamentos[editar | editar a fonte]

desenvolvedor versión data plataforma alteracións significativas
Aldus 1.0 1985 Mac OS
1986 Windows
Aldus 2.0 Mac OS, Windows
Aldus 3.0 Mac OS, Windows
Aldus 4.0 Mac OS, Windows
Aldus 4.2 Mac OS, Windows
  • rotación de texto
  • editor de texto (story editor)
Aldus 5.0 Mac OS, Windows
Adobe 6.0 1995 Mac OS, Windows
Adobe 6.5 Mac OS, Windows
Adobe 6.5 Plus Mac OS, Windows
  • versión orientada para o mercado empresarial de oficinas que inclúe templates e cliparts específicos
Adobe 7.0 9 de xullo de 2001 Mac OS, Windows
  • permite importar e exportar arquivos PDF

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]