Formulario web

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplo de formulario web (en inglés)

Un formulario web é unha agrupación de elementos creados coa linguaxe HTML/XHTML, que permite a un usuario interactuar cunha páxina web, enviando e procesando información. Componse de etiquetas de texto e campos, nos que se pode introducir a información, que logo será enviada e procesada.

Índice

Obxectos [editar]

Un formulario web está contido entre as etiquetas HTML <form> e </form>. Entre as devanditas etiquetas están definidos os campos e etiquetas que permiten introducir a información. Os tipos de campos dispoñibles son os seguintes:

Campo de texto [editar]

Permite ao usuario introducir un texto nunha liña. Utilízase para introducir datos con contido limitado (ex.: Nome). A sintaxe na linguaxe HTML é a seguinte:

        Nome: <input type="text" name="nome">

Neste exemplo, amosarase unha etiqueta de texto Nome:, seguida dun campo de texto no que se poderá introducir o dato.

Campo contrasinal [editar]

É igual ca o Campo de texto, pero mentres se escribe amosa asteriscos ou puntos para ocultar a información que se está a escribir.

        Contrasinal: <input type="password" name="Contrasinal">

Casilla de selección (checkbox en inglés) [editar]

Permite ao usuario facer seleccións múltiples facendo clic sobre as casillas predefinidas

        Selecciona as tuas aficións:<br>
        <INPUT type="checkbox" name="aficions" value="Lectura"> Lectura<br>
        <INPUT type="checkbox" name="aficions" value="Música"> Música<br>
        <INPUT type="checkbox" name="aficions" value="Xogos"> Xogos<br>
        <INPUT type="checkbox" name="aficions" value="Internet"> Internet<br>

Neste exemplo, o formulario permitirá seleccionar unha ou máis aficións de entre as predefinidas

Botón de Opcións [editar]

Permite ao usuario facer unha selección co rato, de entre as que están predefinidas:

        Selecciona un xeito de pagamento:<br>
        <INPUT type="radio" name="pagamento" value="Transferencia"> Transferencia<br>
        <INPUT type="radio" name="pagamento" value="Tarxeta de crédito"> Tarxeta de crédito<br>
        <INPUT type="radio" name="pagamento" value="Contrareembolso"> Contrareembolso<br>

No exemplo anterior, o formulario amosará os tres xeitos de pagamento predefinidos, e permitirá seleccionar un de eles

Selector de arquivo [editar]

Permite seleccionar un ficheiro (ruta) do ordenador local, a través dun botón examinar, que logo será subido a un servidor.

        <input type="file" name="arquivo">

Amosará un selector de ficheiro cun botón examinar que abrirá o selector de ficheiros/carpetas locais do ordenador.

Botón Reset [editar]

Facendo click sobre o mesmo, bórranse os datos introducidos previamente en calquera campo do formulario web.

        <input type="reset" value="Borrar">

Amosará un botón que borrará todolos datos introducidos no formulario.

Botón enviar [editar]

Envía/procesa os datos introducidos no formulario:

        <input type="submit" value="Enviar">

Amosará un botón que enviará o formulario.

Área de texto [editar]

Permite ao usuario introducir un texto en varias liñas. Utilízase para introducir datos de texto con contido máis extenso (ex.: Comentarios).

        Comentarios:<br>
        <TEXTAREA NAME="comentarios" cols=40 rows=6></TEXTAREA>

Esta área de texto terá 40 caracteres de largura e 6 filas de altura. Permitirá introducir un texto de varias liñas.

Lista de selección [editar]

Permite seleccionar un ou varios valores dunha lista previamente definida, a través dun selector despregable.

        Provincia:
        <SELECT NAME="Provincia">
                <OPTION VALUE="CO">A Coruña</OPTION>
                <OPTION VALUE="LU">Lugo</OPTION>
                <OPTION VALUE="OU">Ourense</OPTION>
                <OPTION VALUE="PO">Pontevedra</OPTION>
        </SELECT>

Neste exemplo, permitirá seleccionar dunha lista desplegable unha das provincias galegas.

Exemplo do código HTML dun formulario completo [editar]

Así interpreta e amosa o navegador Firefox, o código do formulario da esquerda.
<html>
        <head>
                <title>Formulario web</title>
        </head>
        <body>
                <form action="#" method="post">
                        Nome: <input type="text" name="nome"><br><br>
                        Contrasinal: <input type="password" name="Contrasinal"><br><br>
 
                        Selecciona as tuas aficións:<br>
                        <INPUT type="checkbox" name="aficions" value="Lectura"> Lectura<br>
                        <INPUT type="checkbox" name="aficions" value="Música"> Música<br>
                        <INPUT type="checkbox" name="aficions" value="Xogos"> Xogos<br>
                        <INPUT type="checkbox" name="aficions" value="Internet"> Internet<br><br>
 
                        Selecciona un xeito de pagamento:<br>
                        <INPUT type="radio" name="pagamento" value="Transferencia"> Transferencia<br>
                        <INPUT type="radio" name="pagamento" value="Tarxeta de crédito"> Tarxeta de crédito<br>
                        <INPUT type="radio" name="pagamento" value="Contrareembolso"> Contrareembolso<br><br>
 
                        Comentarios:<br>
                        <TEXTAREA NAME="comentarios" cols=30 rows=6></TEXTAREA><br><br>
 
                        Provincia:
                        <SELECT NAME="Provincia">
                                <OPTION VALUE="CO">A Coruña</OPTION>
                                <OPTION VALUE="LU">Lugo</OPTION>
                                <OPTION VALUE="OU">Ourense</OPTION>
                                <OPTION VALUE="PO">Pontevedra</OPTION>
                        </SELECT><br><br>
 
                        <input type="submit" value="Enviar">
                        <input type="reset" value="Borrar">
                </form>
        </body>
</html>

Envío e procesamento dos formularios [editar]

Os datos introducidos nun formulario web, poden ser enviados e procesados por un servidor, indicando no atributo action da etiqueta <FORM>, a URL do devandito servidor seguida dun arquivo que conteña o código que procesará o formulario, escrito nunha linguaxe de servidor (PHP, JSP, ASP ...). Exemplo: <FORM action="http://url_servidor/procesa_formulario.php">.

O procesamento, independentemente da linguaxe de servidor empregada, pódese facer basicamente de dúas formas:

  • Envío dos datos por correo electrónico. O formulario ten asignado un enderezo de correo electrónico, e cando se procesa, os datos son enviados a dito enderezo
  • Rexistro dos datos nunha base de datos, a partir da que poden ser procesados con posterioridade.

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]