Sasha Grey
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marina Ann Hantzis, coñecida como Sasha Grey, nada o 14 de marzo de 1988 en North Highlands (California), é unha actriz pornográfica estadounidense, amais de modelo e intérprete musical.
Índice |
Traxectoria [editar]
Tras criarse en Sacramento, Grey trasladouse a Los Angeles e comezou a incursionar en filmes pornográficos, ao pouco de cumprir os 18 anos. Grey apareceu nunha edición de 2006 da revista Los Angeles. Gañou varios Premios AVN nos anos 2007, 2008 e 2010. Durante o mesmo período, Grey comezou a traballar de modelo e participou na película The Girlfriend Experience, de Steven Soderbergh. Tamén gravou un proxecto de música industrial chamado aTelecine.
Filmografía [editar]
| Ano | Filme | Rol | Notas |
|---|---|---|---|
| 2007 | Homo Erectus | Cavegirl | |
| 2008 | Pirates II: Stagnetti's Revenge | Maria | |
| 2009 | The Girlfriend Experience | Chelsea / Christine Brown | |
| 2009 | James Gunn's PG Porn | Tricia Scrotey | 1 episodio |
| 2009 | Smash Cut | April Carson | |
| 2009 | 9to5 – Days in Porn]] | Como ela mesma | Documental |
| 2010 | Quit | Mini Mart Clerk #2 | |
| 2010 | The Girl from the Naked Eye | Lena | Posprodución |
| 2010 | Entourage | Como ela mesma (ficcionado= | Tempada 7 episodio 5: "Bottoms Up" |
| 2011 | I Melt With You | Raven | Posprodución |
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina oficial (en inglés)