Santi Balmes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSanti Balmes

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de novembro de 1970 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , compositor , escritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoIndie pop e pop rock Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá Editar o valor em Wikidata

Facebook: santi.sanfeliu Twitter: SantiBalmesSoy Editar o valor em Wikidata

Santiago Balmes Sanfeliu, nado en Sant Vicenç dels Horts (Barcelona) o 25 de novembro de 1970, é un cantante catalán de estilo indie pop e membro da banda Love of Lesbian. Como novelista, publicou cinco libros.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Instituto Frederic Mompou da súa vila natal. En 1997 Balmes empezou na música xunto a Love of Lesbian. Ese ano enviaron unha maqueta a un concurso da revista Ruta 66, en que quedaron en segundo posto. Isto permitiulles gravar por primeira vez nun estudio. Dedicaron os seus primeiros anos á música en inglés, cos discos Microscopic Movies (1999), Is it Fiction? (2002) e Ungravity (2003).

En 2011 publicou a súa primeira novela, Yo mataré monstruos por ti.

Libros publicados[editar | editar a fonte]

Ano Título Descrición
2011 Yo mataré monstruos por ti Martina ten medo polas noites. Cre que baixo o chan da súa habitación se agocha un mundo habitado por monstros que camiñan coa cabeza cara a abaixo. Que pasaría se rachase a fronteira entre ambos os mundos?
2012 ¿Por qué me comprásteis un walkie-talkie si era hijo único? Lembrades aquel cantante chamado Cuchi Cuchi, o neno prodixio que triunfou en España e en América do Sur durante os anos sesenta e setenta?- ...Nós tampouco.
2014 La doble vida de las hadas Relatos de Santi Balmes en que el mesmo se mergulla como protagonista. Mestura realidade e ficción co seu inconfundíbel estilo de a cabalo entre o humor e a lírica reprimidas.
2017 Canción de bruma Con prólogo do guitarrista e letrista Egon Soda, o libro recolle 70 textos de diferentes extensións, algunhas aforismos, outros apuntamentos de cancións, textos que inspiraron temas do último disco El poeta Halley e poemas que non naceron para seren cantados.
2018 El hambre invisible Novela con trazos de autobiografía, ensaio, poesía, diario e regresión.
2021 Bajaré de la luna en tirolina David, ou Déibid Weirdo, como lle gusta que o chamen, é un preadolescente que ve o mundo desde unha perspectiva moi diferente á do resto da súa familia. Non está a pasar polo seu mellor momento: os seus pais acábanse de separar, o seu irmán máis vello, Dano, deixou de falarlle sen que Déibid saiba o motivo e, aínda por riba, namorouse por primeira vez dunha moza da que non sabe nin o seu nome.

Discografía oficial[editar | editar a fonte]

Ano Título
1999 Microscopic Movies
2002 Is It Fiction?
2003 Ungravity
2005 Maniobras de escapismo
2007 Cuentos chinos para niños del Japón
2009 1999 (o cómo generar incendios de nieve con una lupa enfocando a la luna)
2012 La noche eterna. Los días no vividos
2014 Nouvelle Cuisine Caníbal (só en formato dixital e vinilo)
2016 El Poeta Halley
2017 Nouvelle Cuisine Caníbal, vol. 2 (só en formato dixital e vinilo)
2018 El gran truco final
2021 V.E.H.N

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]