Samfaina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Samfaina catalá.

A samfaina é unha preparación catalá a base de berenxena e cabaciña cortados en anaquiños e rustridos con allo picado e cebola e tomate relados en aceite de oliva. Pódese engadir tamén pemento verde do tipo italiano e vermello cortados en cachiños e algunhas herbas, con moderación, como tomiño ou romeu. En Cataluña adóitase comer coma acompañamiento de carnes (tipicamente costela de porco, coello, polo etc.) ou peixes (atún, bacallau etc.), que acostuman rematarse de cociñar na mesma tixola ou pota da samfaina.

Oríxe e etimoloxía[editar | editar a fonte]

Segundo a Enciclopèdia Catalana (enciclopedia catalá)[1] o substantivo samfaina atópase escrito por vez primeira en 1890, e provén do anterior samfònia que, á súa vez, deriva do latín symphōnĭia (sinfonía).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Enciclopedia Catalá". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 03 de outubro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]