Cabaciña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este artigo trata sobre a cabaza, para as plantas herbáceas chamadas cabaciñas "Silene latifolia" e "Silene dioica" véxase artigo subiote.

Cabaciña
Cabaciña
Cabaciña
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Dilleniidae
Orde: Cucurbitales
Familia: Cucurbitaceae
Subfamilia: Cucurbitoideae
Tribo: Cucurbiteae
Xénero: Cucurbita
Especie: C. pepo
Nome binomial
Cucurbita pepo
L., 1753[1]

A cabaciña é unha variedade da especie de cucúrbita (Cucurbita pepo), unha planta herbácea anual da familia das cucurbitáceas, oriunda de América do Norte, cuxo froito se emprega como alimento. Na actualidade é tamén cultivada extensamente en todo o mundo. Dependendo da variedade, a cabaza varía en forma e tamaño. A cabaciña coñécese internacionalmente cos nomes zucchini (do italiano) e courgette (do francés). En portugués coñécese como aboborinha, en castelán coma calabacín e en inglés marrow ou squash.

Descrición[editar | editar a fonte]

Cabaciña de gran tamaño en Oroso (Galiza)

É unha planta rastreira que pode chegar aos 10 m de lonxitude, de talos acanalados e de aspecto áspero e sarmentoso e con follas pubescentes, lobuladas e acorazonadas. As grandes flores amarelas son unisexuais; as masculinas teñen os estames soldados en forma de pilar e en ambos sexos o cáliz está unido á corola.

Os froitos son oblongos e varían moito en tamaño, dependendo da variedade. A pela é lisa e dura e tamén varía na cor. As variedades que se sementan en maio ou xuño son de pela averdada-abrancazada, mentres que as sementadas polo outono son de tona escura.

Como todas as cucurbitáceas, Cucurbita pepo hibrida doadamente con outras especies afíns; esa é unha das causas da frecuente confusión entre as mesmas, das cales algunhas (como Cucurbita maxima e Cucurbita moschata) se cultivan tamén polo seu froito. Existen multitude de cultivares de diferentes cores e tamaños; as máis grandes chegan a pesar entre 18 a 36 kg.

Composición[editar | editar a fonte]

Cucurbita pepo ten un alto contido en auga (93%), é rica en minerais, especialmente potasio, vitamina C e β-caroteno.

Planta de cabaciña
Diferentes cabaciñas
Cabaciñas ben chegadas
Cabaciña 'Ufo'

Táxones infra-específicos[editar | editar a fonte]

Só 3 están aceptados[2]:

  • Cucurbita pepo subsp. ovifera (L.) D.S.Decker
  • Cucurbita pepo subsp. pepo
  • Cucurbita pepo var. texana (Scheele) D.S.Decker

Sinonimia[editar | editar a fonte]

  • Citrullus variegatus Schrad. ex M.Roem.
  • Cucumis pepo (L.) Dumort.
  • Cucumis zapallo Steud.
  • Cucurbita aurantia Willd.
  • Cucurbita ceratoceras Haberle ex Mart.
  • Cucurbita clodiensis Nocca
  • Cucurbita courgero Ser.
  • Cucurbita elongata Bean ex Schrad.
  • Cucurbita esculenta Gray
  • Cucurbita fastuosa Salisb.
  • Cucurbita grisea M.Roem.
  • Cucurbita hybrida Bertol. ex Naudin
  • Cucurbita lignosa Mill.
  • Cucurbita mammeata Molina
  • Cucurbita mammosa J.F.Gmel.
  • Cucurbita marsupiiformis Haberle ex M.Roem. nom. invalid
  • Cucurbita melopepo L.
  • Cucurbita oblonga Link
  • Cucurbita pepo var. akoda Makino
  • Cucurbita pepo var. americana Zhit.
  • Cucurbita pepo var. fibropulposa Makino
  • Cucurbita pepo var. flogra Teppner
  • Cucurbita pepo var. georgica Teppner
  • Cucurbita pepo subsp. gumala Teppner
  • Cucurbita pepo var. kintogwa Makino
  • Cucurbita pepo var. melopepo (L.) Alef.
  • Cucurbita pepo var. ozarkana D.S.Decker
  • Cucurbita pepo var. toonas Makino
  • Cucurbita polymorpha Duchesne
  • Cucurbita pomiformis M.Roem.
  • Cucurbita pyridaris Duchesne ex Poir.
  • Cucurbita pyxidaris DC.
  • Cucurbita subverrucosa Willd.
  • Cucurbita succado Nägeli ex Naudin
  • Cucurbita succedo Arn.
  • Cucurbita tuberculosa Schrad.
  • Cucurbita urnigera Schrad.
  • Cucurbita variegata Steud.
  • Cucurbita verrucosa L.
  • Pepo citrullus Sageret
  • Pepo potiron Sageret
  • Pepo vulgaris Moench[2]
  • Pepo redinum calabacinum

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cabaciña
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cabaciña