Samesugas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Samesugas

Información
Orixe Santiago de Compostela, Galiza Flag of Galicia.svg
Período
Xénero(s) Garage, Rock, Punk
Selo(s) discográfico(s) Lixo Urbano, H-Records, Bad Attitude! Records
Membros
Antigos membros
Web oficial

Samesugas, grupo galego formado na cidade de Compostela no ano 1999, con antigos formantes doutros grupos como os Fame Neghra e Dirty Barriguitas. Practican Rock and roll con sonido garage en inglés e galego. A súa discografía até o ano 2006 estaba formada basicamente por singles e EP's, porén conseguiron chegar a ser coñecidos internacionalmente, e mesmo seleccionados para varios recompilatorios. Un deses traballos colectivos e o tributo a Turbonegro en 2002, no que participan cunha versión en galego da canción "I fucked Betty Page". Nese mesmo ano editan un vinilo titulado Machine in your brain, que será reeditado en cd en 2006. No ano 2003 fan unha xira por Finlandia. O seu primeiro traballo longo será Alá vai! no ano 2007. Nese mesmo ano versionan para Manifesto Dobarrista, o disco colectivo tributo a Andrés do Barro, a súa canción "Homes". En marzo do 2008, e xunto con The Homens, unha banda amiga coa que comparten comezos, sacan en vinilo o EP conxunto The Homens Vs. Samesugas, no que ambos grupos intercambian versións e inclúen tamén temas novos.

Samesugas pasou relativamente despercibido para a crítica musical galega en comparación con outros grupos contemporáneos, un feito que choca co seu relativo peso internacional, en especial nos paises escandinavos.

A súa formación é: Joaquín: guitarra & voz; Alberte: baixo; Álex: guitarra; Ramón: bateria.

[editar] Discografía

[editar] Participación en recompilatorios

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas