Publio Cornelio Escipión
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Escipión.
Publio Cornelio Escipión, finado en -212, foi irmán de Cneo Cornelio Escipión e pai de Publio Cornelio Escipión o Africano.
Traxectoria [editar]
Nomeado cónsul romano no ano 218 a.C., combateu a Aníbal en Italia e posteriormente viaxou a Hispania durante a Segunda Guerra Púnica, xunto ao seu irmán Cneo, para combater a Amílcar Barca, ao que derrotaron en Dertosa. Publio e o seu irmán faleceron nas proximidades de Cástulo nunha batalla contra Asdrúbal.
Procónsul hispaniensis nos anos 217, 216, 214 e 213 a.C. Tras unha exitosa campaña, morreu na batalla de Castulo (212 a.C.).