Jesús Sánchez Gallego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sánchez Gallego»)
Infotaula de personaJesús Sánchez Gallego
Biografía
Nacemento1936 Editar o valor em Wikidata
Padrón, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de marzo de 2019 Editar o valor em Wikidata (82/83 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , cartelista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Jesús Sánchez Gallego, nado en Padrón no ano 1936 e finado en Santiago de Compostela o 15 de xullo de 2019,[1][2] foi un pintor galego con estudos en Belas Artes.

Obra[editar | editar a fonte]

A súa primeira exposición foi en Sevilla no ano 1968, expuxo dende entón noutros lugares do mundo; no ano 1972 os seus cadros viaxaron ata Suíza, tamén se mostrou a súa obra en galerías de arte da Coruña, Vigo, Ferrol, Pontevedra e Santiago de Compostela.

Elaborou, por encargo da Xunta de Galicia, grandes murais e dípticos que anunciaron os Xacobeos do ano 1993, 1999, 2004 e 2010. No 2010 incluíuse un dos cadros de Sánchez Gallego na exposición conmemorativa dos 20 anos do Xacobeo.

Algunhas pezas da súa obra foron adquiridas por distintos organismos oficiais; o Parlamento de Galicia, os Concellos de Padrón, da Pobra do Caramiñal, entre outros, posúen varios óleos de Sánchez Gallego.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fallece el pintor padronés Jesús Sánchez Gallego, autor de varios carteles del Xacobeo". El Correo Gallego (en castelán). 16-07-2019. Consultado o 13-03-2021. 
  2. "Falece o pintor padronés Jesús Sánchez Gallego". La Voz de Galicia. 20-07-2019. Consultado o 13-03-2021. 
  3. "La Fundación Araguaney inaugura exposición de óleos de Sánchez Gallego". El Correo Gallego (en castelán). 26-1-2012. Arquivado dende o orixinal o 09-03-2016. Consultado o 13-03-2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]