Russell Means

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Russell Means
RussellMeans1987.jpg
Russell Means en 1987.
Nacemento Russell Charles Means
10 de novembro de 1939
Pine Ridge Indian Reservation, Dacota do Sur, Flag of the United States.svg Estados Unidos
Falecemento 22 de outubro de 2012 (72 anos)
Porcupine, Dacota do Sur, Flag of the United States.svg Estados Unidos
Profesión Actor, músico, político
Cónxuxe(s) Pearl Means (e tres matrimonios anteriores)
Fillo(s) 10 fillos
Ficha na IMDb

Russell Charles Means, nado o 10 de novembro de 1939 en Pine Ridge Indian Reservation e finado o 22 de outubro de 2012 en Porcupine, foi un actor, músico e activista político sioux, tamén coñecido en lingua lakota como Oyate Wacinyapi.

Índice

Traxectoria [editar]

Russell Means nado en Wanblee, Dakota do Sur, nunha comunidade que se atopa no Pine Ridge Indian Reservation, é fillo de Theodora Feather e Harold "Hank" Means. Foi bautizado como Oyate Wacinyapin, que na lingua lakota quere dicir "traballa para a xente". Seus pais eran os dous Sioux Oglala.

En 1968 uniuse á American Indian Movement (AIM) unha organización que loita polos dereitos dos indios americanos, e rapidamente converteuse nun dos seus líderes.

Traxectoria profesional [editar]

Means comeza a súa carreira como actor en 1992, encarnando ó xefe Chingachgook en The Last of the Mohicans, un filme dirixido por Michael Mann. A partir de entón aparece en filmes como Assassins nascuts, Into The West ou Pathfinder. En Pocahontas, presta a súa voz para o personaxe do pai, o Xefe Powhatan. Tamén a presta para o videoxogo Under A Killing Moon.

Retratos de Warhol [editar]

Andy Warhol pintou dezaoito retratos de Russell Means na súa serie de Indios de América. O instituto de arte de Dayton ten un deses cadros.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]