American Indian Movement

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira do American Indian Movement.

O American Indian Movement (AIM) é unha organización política dos Nativos americanos dos Estados Unidos fundado en 1968 en Minneapolis, Minnesota. Os seus membros fundadores foron Dennis Banks, George Mitchell, Herb Powless, Clyde Bellecourt, Harold Goodsky, Eddie Benton-Banai, e outros integrantes da comunidade indíxena de Minneapolis.[1] Russell Means, (nome lakota Oglala Wacinyapi), foi o líder das protestas nos primeiros anos dos 1970s.

A organización formouse para abordar diversas cuestións relativas ós nativos das comunidades urbanas en Minneapolis, como a pobreza, a vivenda, asuntos de tratados, e o acoso policial. [2] Dende as súas orixes en Minnesota, AIM pronto reuniu a membros a través dos Estados Unidos (e Canadá). Participou na Rainbow Coalition, organizada polo activista dos dereitos civís Fred Hampton.

En outubro de 1972 reuníronse os membros da AIM de todo o país para marchar a Washington, DC no que chamaron o "Trail of Broken Treaties" (Camiño dos Tratados Rotos). AIM gañou a atención da prensa internacional cando incautou o Bureau of Indian Affairs na súa sede nacional e presentou unha lista de vinte puntos coas súas demandas ó goberno federal. En 1973 encabezou un enfrontamento armado de 71 días coas forzas federais, no lugar onde se produciu en 1890 a coñecida como Masacre de Wounded Knee, que tivo lugar na Reserva india de Pine Ridge en Dacota do Sur.

Nas décadas seguintes dende a fundación da AIM, o grupo levou a protestas defendendo os intereses dos pobos indíxenas, a renovación cultural, e supervisa as actividades da policía e dos programas coordinados de emprego nas cidades e nas comunidades rurais. Tamén ten apoiado os intereses indíxenas fóra dos Estados Unidos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dennis Banks, Richard Erdoes. Ojibwa Warrior: Dennis Banks and the Rise of the American Indian Movement (Norman, OK: University of Oklahoma Press, 2004), pp. 62, 64. ISBN 978-0-8061-3580-9
  2. Miner, Marlyce. "The American Indian Movement"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]