Qapik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moedas con valor faciel en qapik (segunda época, a partir de 2006)

O qapik (en azarí: qəpik, pronunciado [ɡæˈpik]) é a unidade monetaria divisionaria de Acerbaixán, equivalente á centésima parte (​1100) do manat acerbaixano.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo qəpik procede da palabra rusa kopek (копе́к), co significado de "lanza", que foi unha moeda rusa desde a época de Iván o Terrible, no século XVI, e que hoxe é unha moeda divisionaria equivalente á centésima parte do rublo ruso, do hryvnia ucraíno, do rublo belaruso e do rublo de Transnistria.

Historia[editar | editar a fonte]

Primeiro qapik (1992-2006)[editar | editar a fonte]

Moedas con valor faciel en qapik (primeira época: 1992- 2006)

O primeiro manat acerbaixano (1919-1923) carecía moeda divisionaria e desta moeda só se emitiu papel moeda. Porén, a introdución do segundo manat acerbaixano o 15 de agosto de 1992, logo da restauración da independencia do país en 1991, trouxo consigo a implantación do qapik como moeda divisionaria.

Correspondentes a esta segunda época do manat emitíronse moedas divisionarias con valores de 5, 10, 20 e 50 qapik, datadas en 1992 e en 1993. Aínda que se utilizou o níquel e o latón para algunha destas cuñaxes en 1992 (e, nalgúns casos, en 1993), as derradeiras emisións foron en aluminio. Estas moedas tiveron moi pouca circulación e ao pouco tempo foron retiradas por mor da inflación.

Imaxe Valor Metal Diámetro Grosor Peso Ano
5 qəpik [1] Bronce 17 1,35 2,40 1992
5 qəpik [2] Aluminio 17,1 1,5 0,85 1993
10 qəpik [3] Aluminio 18,6 1,6 1,01 1992
20 qəpik [4] Bronce 20 1,45 3,23 1992
20 qəpik [5] Aluminio 20,1 1,5 1,15 1992

1993

50 qəpik [6] Níquel 23 1,5 5,2 1992
50 qəpik [7] Aluminio 23 1,6 1,45 1992

1993

Segundo qapik (desde 2006)[editar | editar a fonte]

O 1 de xaneiro de 2006 implantouse unha nova xeración do manat, cunha taxa de cambio con respecto ao anterior manat dun dos novos por 5.000 dos antigos. As moedas en circulación son as de 1, 3, 5, 10, 20 e 50 qapik. A maioría delas lembran, tanto no deseño como no seu tamaño, as moedas do euro, en particular a moeda bimetálica de 50 qapik (similar á de 2 euros) e a de 10 qəpik (cun deseño coñecido como "flor española", similar á de 20 céntimos de euro). As moedas puxéronse en circulación en xaneiro de 2006 e non amosan o ano de cuñaxe nin de emisión.[8][9]

Imaxe Valor nominal Parámetros técnicos Descrición
Anverso Reverso Diámetro Peso Aliaxe Canto Anverso Reverso
65x65px[Ligazón morta]
65x65px[Ligazón morta]
65x65px[Ligazón morta]
65x65px[Ligazón morta]
1 qəpik 16,25 mm 2,8 g Aceiro con baño de cobre. Liso. Mapa de Acerbaixán, nome do país e valor. Instrumentos musicais tradicionais e valor.
73x73px[Ligazón morta]
73x73px[Ligazón morta]
73x73px[Ligazón morta]
73x73px[Ligazón morta]
3 qəpik 18 mm 3,45 g Liso con fenda. Libros e pluma, e valor.
79x79px[Ligazón morta]
79x79px[Ligazón morta]
79x79px[Ligazón morta]
79x79px[Ligazón morta]
5 qəpik 19,75 mm 4,85 g Estriado. Torre da Doncela (Bakú) e valor.
89x89px[Ligazón morta]
89x89px[Ligazón morta]
89x89px[Ligazón morta]
89x89px[Ligazón morta]
10 qəpik 22,25 mm 5,1 g Aceiro bañado de latón. Liso con sete amosegas ("flor española"). Casco antigo de Nagorno-Karabakh e valor.
97x97px[Ligazón morta]
97x97px[Ligazón morta]
97x97px[Ligazón morta]
97x97px[Ligazón morta]
20 qəpik 24,25 mm 6,6 g Estriado a segmentos. Escaleira, símbolos xeométricos e valor.
103x103px[Ligazón morta]
103x103px[Ligazón morta]
104x104px[Ligazón morta]
104x104px[Ligazón morta]
50 qəpik 25,5 mm 7,7 g Centro: aceiro bañado en latón. Aro: aceiro inoxidable. Estriado con lenda: AZƏRBAYCAN RESPUBLIKASI Pozos petrolíferos e valor.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "5 Qəpik". Numista.
  2. "5 Qəpik". Numista.
  3. "10 Qəpik". Numista.
  4. "20 Qəpik". Numista.
  5. "20 Qəpik". Numista.
  6. "50 Qəpik". Numista.
  7. "50 Qəpik". Numista.
  8. "Azerbaijan Manat Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine.". Museum.tujue.eu
  9. "Currency in circulation: Coins". Central Bank of the Republic of Azerbaijan.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]