Rocky Marciano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRocky Marciano

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Rocco Francis Marchegiano Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de setembro de 1923 Editar o valor em Wikidata
Brockton, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte31 de agosto de 1969 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Newton, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Accidente ou incidente de aviación Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónBrockton High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura177,8 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónboxeador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoSegunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
DeporteBoxeo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivaBoxeo
peso pesado (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webrockymarciano.net Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0545698 WikiTree: Marchegiano-1 Find a Grave: 667 Editar o valor em Wikidata

Rocco Francis Marchegiano, coñecido como Rocky Marciano, nado en Brockton (Massachusetts) o 1 de setembro de 1923 e finado en Iowa o 31 de agosto de 1969, foi un boxeador estadounidense de orixe italiana que se retirou invicto, sendo o único campión de boxeo dos pesos pesados que non coñeceu a derrota na súa carreira[1] e defendeu en seis ocasións o título, contra Jersey Joe Walcott, Roland La Starza, Ezzard Charles en dúas ocasións, Don Cockell e Archie Moore. Tamén se mantivo invicto na súa época de boxeador no exército (1944-1946). Marciano ten un impresionante rexistro de 43 K.O., equivalente ao 87,76%, das súas pelexas, a pesar do seu estilo de boxeo algo heterodoxo, como "acazapado".

Rocky foi campión mundial da categoría dos pesos pesados de boxeo no período que transcorreu dende o 23 de setembro de 1952 (cando conquistou o título fronte a Jersey Joe Walcott) ao 30 de novembro de 1956 día en que, con case 33 anos, anunciou a súa retirada despois de defender o título en seis ocasións. A súa altura era de 180,3 cm, e o seu peso de 82–88 kg (176-193 lb). A International Boxing Research Organization (IBRO) clasificouno entre os 10 mellores pesos pesados da historia.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia e adolescencia[editar | editar a fonte]

Marciano naceu e creceu no lado sur de Brockton, Massachusetts, fillo de Pierino Marchegiano e Pasqualina Picciuto, ambos inmigrantes de Italia. O seu pai era orixinario de Ripa Teatina, Abruzos, mentres que a súa nai era de San Bartolomeo en Galdo, Campania. Rocky tivo dous irmáns, Peter e Louis, e tres irmás, Alice, Concetta e Elizabeth. Aos 8 meses de nacer, tivo pneumonía e estivo a piques de morrer.

Na súa mocidade, xogou ao béisbol co seu irmán Sonny e David Rooslet (un veciño amigo de Marciano), traballou fabricando equipamento para ximnasios (máis tarde Marciano tamén foi cliente de Charles Atlas[3]) e utilizaba unha maleta que se colocaba nas súas costas como unha bolsa pesada. Acudiu ao Brockton High School, onde xogou cos equipos de béisbol e de fútbol americano. Abandonou a escola ao terminar o décimo grao. Marciano traballou descargando camións para a Brockton Ice and Coal Company, e tamén traballou nas escavadoras, no ferrocarril[4] e como zapateiro. Tamén residiu en Hanson, Massachusetts. A casa onde viviu está en Main Street.

En marzo de 1943, Marciano foi recrutado pola armada estadounidense por un período de dous anos. Estivo acuartelado en Swansea, Gales, axudando nos pertrechos dos transbordadores que cruzaban o canal da Mancha cara a Normandía. Terminou o seu servizo en marzo de 1946 en Fort Lewis, Washington.[5]

Carreira como afeccionado[editar | editar a fonte]

Comezou co boxeo no Exército dos Estados Unidos en 1944 e loitou unha vez baixo o nome de Rocky Mack para preservar a súa condición de afeccionado. Nos seus inicios, o boxeo non parecía ser o seu deporte, e deixouno para probar sorte no béisbol. Curiosamente, carecía de forza para lanzar a pelota.

A marca de Marciano como boxeador afeccionado foi de 9-4.[6] Mentres tanto, Marciano representaba o exército, gañando en 1946 o Amateur Armed Forces boxing tournament (Torneo afeccionado do Exército). A súa carreira como afeccionado foi interrompida o 17 de marzo de 1947, cando Marciano subiu ao ring como boxeador profesional. Esa noite, venceu por K.O. a Lee Epperson en tres asaltos. E nun infrecuente regreso de Marciano ás clasificacións afeccionadas pelexou no Golden Gloves All-East Championship Tournament (Campionato das luvas de ouro do leste) en marzo de 1948, sendo derrotado por Coley Wallace.[7] Continuou a pelexar como afeccionado ata a primavera e competiu na selección para os Xogos Olímpicos en Boston Garden. Alí, foi venceu a George McInnis, mais magoouse nas mans durante a pelexa e foi obrigado a deixar o torneo. Esa foi a súa última pelexa como afeccionado.[8]

Máis tarde, en marzo de 1947, Marciano e varios amigos viaxaron a Fayetteville, Carolina do Norte, mais quedaron fóra de Fayetteville Cubs, un equipo de béisbol filial do Chicago Cubs.[9] Marciano finalizou as tres semanas antes de ser eliminado. Despois de fracasar na procura dunha proba noutro equipo, regresou a Brockton e comezou a adestrar como boxeador cun amigo de toda a súa vida, Allie Colombro. Al Weill e Chick Wergeles foron os seus preparadores e Charly Goldman o seu adestrador e mestre.

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Pasou a ser profesional o 17 de marzo de 1947. A súa primeira pelexa profesional foi contra Lee Epperson, iniciando as súas pelexas como boxeador profesional o 12 de xullo de 1948 e nesa noite, gañou a Harry Bilizarian cunha marca de 3-6-0. Gañou as súas primeiras seis pelexas por K.O., todas antes do quinto asalto e nove antes do primeiro asalto. Don Mogard (con marca de 17-9-1) foi o primeiro boxeador que lle aguantou dez asaltos con "The Rock" (A Rocha), pero Marciano gañou por decisión unánime.

Ao comezo da súa carreira, cambiou o seu apelido Marchegiano. O anunciador do ring en Providence, Rhode Island, non puido pronunciar Marchegiano, e foi cando o seu representante, Al Weill suxeriu que se crease un pseudónimo. O primeiro foi "Rocky Mack", pero Marciano rexeitouno. Decidiuse polo son máis italiano como "Marciano".[10]

Marciano gañou tres pelexas máis por K.O. cando se enfrontou a Ted Lowey con marca de 58-48-9. Marciano gañou por decisión unánime dando unha malleira. Seguiron catro K.O. máis, redondeando o quinto o 19 de decembro de 1949, contra Phil Moscato (marca de 56-20-0) un experimentado peso pesado de Buffalo, Nova York, e o primeiro "loitador de nome" ao que se enfrontaba. Tres semanas despois desa pelexa, Marciano pelexou contra Carmine Vingo con marca de 16-1-0 propinando un K.O. no quinto asalto en Nova York co que case mata a Vingo.

O 24 de marzo de 1950, Marciano pelexou contra Roland La Starza, gañando por decisión dividida. La Starza estivo máis próximo que ningún outro boxeador en derrotar a Marciano como profesional. As anotacións dos xuíces foron 5-4, 4-5 e 5-5 gañando Marciano polo sistema de puntuación suplementario utilizado por Nova York e Massachusetts nese tempo. Este sistema de anotacións, daba un punto extra por unha caída por golpe e Marciano tirouno na pelexa. O árbitro Watson decidiu a pelexa, con anotación de 9-6 para Marciano. Ambos os boxeadores nunca foran derrotados no momento da pelexa con marca de La Starza de 37-0

Marciano gañou tres pelexas máis por K.O. nunha rolda antes de enfrontarse a Lowry con marca de 61-56-10, ao cal Marciano gañou por decisión unánime. Despois disto, gañou catro pelexas máis por K.O. e despois dunha decisión sobre Red Applegate con marca de 11-14-2 a fins de abril de 1951, foi presentado nun programa de televisión nacional por primeira vez, cando venceu por K.O. a Rex Layne con marca de 31-1-2 en seis asaltos o 12 de xullo de 1951.

O 27 de outubro de 1951, aos 28 anos, Marciano enfrontouse a Joe Louis, de 37 anos. Durante a pelexa, Marciano tivo puntuación de 13 a 10 sendo a súa vítima e derrubando a Joe Louis na que foi a última pelexa da súa carreira. Marciano chorou despois de deixar fóra de combate o heroe da súa mocidade, o anterior campión mundial.

Despois gañou catro pelexas máis, incluíndo vitorias sobre Lee Savold de 35 anos e con marca de 96-37-3 e Harry Matthews, con marca de 81-3-5, polo cal Marciano recibiu a oportunidade de gañar un título.

Pelexas polo campionato mundial de pesos pesados[editar | editar a fonte]

Marciano, con 29 anos, pelexou polo Campionato Mundial de Pesos Pesados ante Jersey Joe Walcott, de 38 anos e mellor boxeador que Marciano, en Filadelfia o 23 de setembro de 1952. Walcott derrubou a Marciano no primeiro asalto comezando a gañar puntos. Porén, no asalto número 13, Walcott empregou o seu golpe preferido coa man dereita, pero Marciano utilizou o seu primeiro "Suzie Q". Executou un gancho dereito e viu como Walcott caía sobre os seus xeonllos co brazo suxeitando as cordas e caendo despois da conta, co que Marciano era o novo campión mundial dos pesos pesados. Ao momento de deter a pelexa, Walcott estaba por riba nos cartóns dos xuíces 8-4, 7-5 e 7-4.

A súa primeira defensa foi un ano máis tarde cun desquite contra Walcott, de 39 anos, quen foi vencido por K.O. no primeiro asalto.

A seguinte quenda foi para Roland La Starza quen retou a Marciano. Despois de obter unha pequena vantaxe nos cartóns de puntuación dos xuíces na metade dos asaltos, Marciano gañou o desquite cun K.O. técnico no asalto número once.

As súas seguintes dúas pelexas consecutivas foron contra o outrora campión mundial de peso pesado, o lendario e brillante Ezzard Charles de 33 anos, que igual que Walcott era superior a Marciano e con vitorias sobre rivais importantes entre elas unha vitoria sobre Joe Louis. Charles foi o único boxeador en chegar aos quince asaltos contra Marciano.[11] Non conforme, solicitou o desquite dicindo que ía pasar por riba do campión, e Rocky unha vez máis tentou "explicar" o motivo do seu reinado. A segunda pelexa gañouna por K.O. no oitavo asalto. Posteriormente Marciano conseguiu o campionato Británico e Europeo ante o campión Don Cockell, cando foi derrotado por Marciano no noveno asalto.

Marciano tivo a súa última pelexa contra Archie Moore de 38 anos o 21 de setembro de 1955. A pelexa estaba orixinalmente programada para o día 20 de setembro, pero a pelexa foi atrasada un día pola presenza dun furacán. Marciano foi derrubado no segundo asalto e chegou a recibir a conta de protección, mais recuperouse e retivo o título ao vencer a Moore no noveno asalto.

Retirada[editar | editar a fonte]

Marciano anunciou a súa retirada o 27 de abril de 1956, á idade de 32 anos.[12] Finalizou a súa carreira cunha marca invicta de 49-0, 43 delas antes do límite, e ningunha derrota. Pasou á historia como o único Campión do Mundo dos Pesos pesados que se retirou imbatido. A maior virtude de Rocky Marciano foi a súa potencia de pegada, pero a súa capacidade de encaixe non era menos sobresaliente e como curiosidade está o feito de que en moitos combates, aínda que sempre vencedor, acababa el co seu rostro máis maltratado que o derrotado.

Marciano considerou volver ao boxeo en 1959, cando Ingemar Johansson gañou o campionato a Floyd Patterson o 26 de xuño de 1959. Tras só un mes de adestramento en case catro anos, decidiu non volver e nunca considerou en serio un regreso.[13]

Trala súa retirada, entrou no mundo da televisión, aparecendo por primeira vez no episodio "Masquerade" da serie Combat! e despois presentando un programa semanal de boxeo en 1961. Durante un breve período, traballou como árbitro de loita, xa que fora un bo loitador no instituto. Seguiu como árbitro e comentarista de boxeo en pelexas durante moitos anos, e tamén participou en negocios como socio e vicepresidente de Papa Luigi Spaghetti Dens, franquía con base en San Francisco formada por Joe Kearns e James Braly.

Falecemento[editar | editar a fonte]

Rocky Marciano faleceu o 31 de agosto de 1969, un día antes de cumprir os 46 anos, nun accidente de avioneta a 3,5 km de Newton (Iowa), durante unha viaxe de negocios, e 14 anos tralo seu retiro profesional.

O 31 de agosto de 1969 (o día antes de cumprir 46 anos), Marciano era un pasaxeiro dun pequeno avión privado, unha Cessna 172[14] en dirección a Des Moines, Iowa. Era de noite e ía mal tempo. O piloto, Glenn Belz, tiña un total de 231 horas de voo, 35 delas nocturnas. Belz intentou aterrar nun pequeno aeródromo próximo a Newton, Iowa, mais a avioneta golpeou unha árbore dúas millas antes. Con Marciano viaxaban Frankie Farrell, de 28 anos, o fillo máis vello de Lew Farrell, antigo boxeador que coñecía a Marciano dende neno.[15] Marciano, Belz e Farrell faleceron no impacto.[15][16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Schwartz, Larry. "Marciano glorified boxing". ESPN. Consultado o 19 de marzo de 2018.
  2. Cuoco, Dan (9 de setembro de 2006). "Heavyweight". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2011. Consultado o 10 de novembro de 2011. 
  3. "Charles Atlas: Muscle Man" by Jonathan Black, revista Smithsonian, agosto de 2009.
  4. Skehan, p. 32
  5. Skehan, p. 39
  6. "Rocky Marciano". 
  7. Skehan, p. 69
  8. Skehan, p. 70
  9. Skehan, p. 66
  10. Ed Fitzgerald (xaneiro de 1953)."Rocky Marciano – The Blockbuster from Brockton". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2009. Consultado o 23 de outubro de 2007. . thesportgallery.com
  11. Will Hammock (2010-06-05). "The Champ: County to honor legendary boxer Charles today Arquivado 06 de setembro de 2015 en Wayback Machine.." Gwinnett Daily Post
  12. Mullan (1996). Boxing: The Definitive Illustrated Guide to World Boxing. Londres: Carlton Books. p. 81. ISBN 0-7858-0641-5. 
  13. Skehan, p. 257
  14. Fights and Flights... The Crash of Rocky Marciano's Cessna. Check-six.com (31 de agosto de 1969). Consultado o 9 de agosto de 2012.
  15. 15,0 15,1 "Rocky Marciano". www.check-six.com. 
  16. Ken Jones and Chris Smith (1990). Boxing The Champions. The Crowood Press. p. 51. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Bibliography[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]