Rochi Nóvoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRochi Nóvoa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de novembro de 1975 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Sobradelo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Facebook: rochi.novoavazquez Instagram: rochinovoavazquez Youtube: UCG3WHYMb5fgjB_jY7oUcurA Editar o valor em Wikidata
Fotosesión de Rochi Nóvoa Vázquez para Farraos de Boneca
Fotosesión de Rochi Nóvoa Vázquez para Farraos de Boneca

Rosa María Nóvoa Vázquez, máis coñecida como Rochi Nóvoa, nada en Sobradelo (Xunqueira de Ambía) o 8 de novembro de 1975, é unha escritora, pintora, música e mestra galega.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1992 e 1993 creou a Asociación Cultural O Bouzo e a Asociación Xuvenil A Carreira Coba. Nesa época tamén comezou a editar o xornal O voceiro do Pobo no que colaboraban os negocios locais e o Concello de Xunqueira de Ambía.[1] Foi fundadora e promotora do Tangaraño Cultural de Sobradelo, Xunqueira de Ambía, e presidenta da Asociación Cultural O Sobradelo do Tangaraño.[2] En 2014 constituíu o Encontro da Palabra Galaico Portugués, que trasladou ao Concello de Xinzo de Limia.

En 2019 recuperou a figura do Farrumecos, unha das personaxes típica do Entroido da zona,[3] común a outros concellos. Asistiu a irmandades de Entroidos como a Mascarada de Chantada, promovida polos Volantes e Maragatos de Santiago de Arriba.[4], ou a VíboMask.[5] En abril do 2023 cedeulle un Farrumeco ao Museo Galego do Entroido (MuGae)[6][7][8][9][10][11]

No eido da poesía adoita estar rodeada de músicos. Participa activamente en recitais conxuntos, solidarios, como Festa da República Galega, Culturgal, ParnaLixo, Encontros Poéticos, A porta Verde, Por un Ribeiro Poético, Festival do Condado.[12]

Ten colaboracións con grupos musicais como Zënzar, Inibo, Daniel Minimalia, Manuel Carballo, O Reverendo Can,[1] Roberto Sobrado Grupo, Ray Porto y las Cruces (cuxo CD leva o título do poema que versionaron Autoestrada). Colaborou no programa de radio Banda Aparte 2.0 cunha breve sección de poesía.

Publicou artigos en xornais como Diario do Támega, Follas caducas, Ourense na Rede ou Nós Diario.

A nivel artístico a súa pintura amosa trazos de debuxos infantís en corpos espidos de mulleres con cabezas de paxaros, cebolas ou elefantes, así como caras desproporcionadas,con moita cor, pero na maioría tristes. Algunhas das súas exposicións de "Versos" en colaboración con Chus Láuzara, estiveron en Santiago de Compostela, AC Auriense, A casa do escudo, entre outras. «Bonecas de papel no time 4lovers» expúxose en tabernas como Umpalumpa,[13] ou Barriga Verde.

Foi mestra e directora no CEIP Rodolfo Núñez de Vilardevós,[14][15][16][17][18]no CEIP Novo de Arteixo, CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas, CEIP Carlos Casares e CEIP Rosalia de Castro de Xinzo de Limia[19] e outros varios e no CEIP Lañas onde coincidiu con Caxade.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía en galego[editar | editar a fonte]

  • Cos pes na terra e a alma na lúa (2009). Ed. Peto. ISBN-10: 1445207079
  • Cos pés na terra e a alma na Lúa (2010). Edición Estendida. ISBN 978-1445207070.
  • Sen ti son Eu (2012). Libro dixital Camaleo editado por Carlos Rodriguez Pérez.
  • Farrapos de Boneca (2013). Libro Musical + CD. ISBN 978-84-15045-36-6. ePub: ISBN 987-84-15045-37-3. Poemas musicados por Nacho Martínez, Daniel Soldevilla, Servando Barreiro e Antonio I. Fernández, que pon música a todo o recital. Fotografía: Emilio Romanos, Ana Nieto e Orenxebre Fotografía.
  • Muller de Papel (2015). Edición artística numerada; crowfounding. Con CD. Poemas musicados por: Nacho Martínez, Daniel Soldevilla, Servando Barreiro, Daniel Minimalia, INIBO, Castor Pérez e Antonio I. Fernández, que pon música a todo o recital. Fotografía: Pepe Escano, Róber García e Orenxebre Fotografía. Pintura e Escultura: Chús Lauzara. A exposición fotográfica e de arte estivo na A.C. Auriense, Sala Aposthrofe, Mingos Teixeira, Ateneo Ourensán e Taberna de Acevedo.
  • Instances (2017). Proxecto con Daniel Soldevilla e Punxta González.[14]
  • MaXic (2020). Con CD.[20] Os membros de Zënzar, Daniel Soldevilla, Manuel Carballo, Puntxa González Rivera e O Reverendo Can acompañan coa súa música a voz de Rochi Nóvoa.[21] Foi un traballo publicado baixo licenza Creative Commons.
  • Diagnóstico Poético os versos que levas dentro (2023). ISBN 978-8418514920.

Poesía bilingüe[editar | editar a fonte]

  • Punk-dereta (2021). Entrelíneas Editores. ISBN 978-84-123746-7-4. Poemas en galego e castelán, ilustracións da autora e doutras colaboradoras.

Obra en Inglés[editar | editar a fonte]

  • Diccionario Visual Galego-English/ English-Galego (2009)
  • Recipes & Tips in the English Classroom (2010)

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Alén do Silencio (2014)
  • Versus Cianuro (2013). Poemas contra a mina de Ouro de Corcoesto
  • Xabarín 18 (18 anos dun proxecto normalizador) (2013)
  • Os Camiños da Brétema (2014-Editado 2015)
  • Letras Perennes de Folla Caduca (2014)
  • Dez anos da Porta Verde (2015)
  • 105 Voces para Rosalía de Castro (2015)
  • Homenaxe poético para Manuel María (2015)
  • Xilgra (2015). CD recompilatorio, cuxo significado é “música” en barallete (fala característica dos afiadores), promovida pola Asociación Cultural “A Galleira” co obxectivo dar a coñecer a música feita en galego na “cidade da chispa”. No CD, participan un total de 10 bandas da cidade de Ourense, “bandas que practican estilos musicais tan diversos como o jazz, o rock, a música mestiza con grupos como Guezos ou Sonoro Maxín, Skalingrado  Malheira e os poemas de Rochi Nóvoa.
  • A música das árbores (2016)
  • Aldeas sin voz (2016)
  • Calpurnias (2018)
  • Nove encontros na Coroa e o que queda (2018)
  • Canciones, algún desliz y dos o tres fotografías, Los Suaves (2019)
  • Antoloxia 21. voces poéticas 8 marzo (2020)
  • Wyspa Kwartalnik Literacki nr 4 ( 2022) ISBN 9-77189-261225 Poemas traducidos ao Polaco
  • Irmás. Oito diálogos contra a desmemoria. Alvarellos (2023)
  • Miño, antoloxía do relato galego actual. Galaxia ISBN 978-84-1110-310-7 ( 2023)
  • Sempre Abril, 50 anos da revoluçâo dos cravos, 500 anos do nascimento de Camoes ( 2024 )

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Rochi Nóvoa Vázquez Museo da Limia". .museodalimia.com. Consultado o 2021-11-12. 
  2. [1]
  3. Redacción (23 de abril de 2023). "Farrumecos de Sobradelo y Follateiros de Lobios se unen al Mugae". laregion.es. Consultado o 11 de maio de 2023. 
  4. "Sobradelo volveu ser unha festa no seu V Tangaraño". La Región. 3 de xuño de 2018. Consultado o 15 de novembro de 2021. 
  5. [2]
  6. https://www.facebook.com/lavozdegalicia (2023-04-08). "El Museo Galego do Entroido suma nuevos trajes". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-06-12. 
  7. Región, La (2023-04-13). "El Museo do Entroido sumará dos trajes más a su colección". La Región (en castelán). Consultado o 2023-06-12. 
  8. Abarrategui, Lucía (2022-02-15). "O despoboamento do rural complica a supervivencia dalgúns entroidos". cadena SER. Consultado o 2023-06-12. 
  9. "El Museo Galego do Entroido presenta dos nuevos trajes". Faro de Vigo (en castelán). 2023-04-05. Consultado o 2023-06-12. 
  10. https://www.facebook.com/lavozdegalicia (2022-02-26). "Figuras del entroido salvadas gracias a los abuelos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-06-12. 
  11. Región, La (2022-02-09). "A incógnita dos Farrumecos de Sobradelo". La Región. Consultado o 2023-06-12. 
  12. "Rochi Novoa, o aturuxo do corazón". OURENSE NA REDE. 2021-10-06. Consultado o 2021-11-12. 
  13. [3]
  14. 14,0 14,1 Región, La (2017-09-18). "Versos e música, a nova aposta de Rochi Nóvoa". La Región. Consultado o 2021-11-12. 
  15. Región, La (2018-05-22). "O CEIP Rodolfo Núñez convoca a 150 escolares á súa loita contra o lume". La Región. Consultado o 2023-06-12. 
  16. Región, La (2017-03-08). "Comunicadores "moi riquiños"". La Región. Consultado o 2023-06-12. 
  17. Región, La (2017-01-14). "El colegio de Vilardevós busca fotos antiguas para un libro". La Región (en castelán). Consultado o 2023-06-12. 
  18. Región, La (2017-03-08). "Soldados da Paz de Vilardevós". La Región. Consultado o 2023-06-12. 
  19. "Profesional CEIP CARLOS CASARES". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2021-11-12. 
  20. Atlántico (2020-05-22). "Rochi Nóvoa: Sensual, sexual pero tamén social". Atlántico. Consultado o 2021-11-12. 
  21. ""maXic", Rochi Nóvoa - OZOCOgz Deseño Galego". ozocogz-atenda.com. Consultado o 2021-11-12. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]