Roberto Suárez Pier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Róber
Roberto Suárez en maio de 2016.
Información persoal
Nome Roberto Suárez Pier
Nacemento 16 de febreiro de 1995 (29 anos)
Lugar de nacemento A Coruña
Altura 1,82 m
Posición Central
Información de club
Club actual Levante
Carreira xuvenil
Victoria
Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2012–2016 Fabril 113 (4)
2016– Deportivo da Coruña 2 (0)
2016–2019Levante (cedido) 84 (2)
2019– Levante 33 (1)
Na rede
Twitter: RoberPier4 Instagram: roberpier4 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 9 de decembro de 2021.
editar datos en Wikidata ]

Roberto Suárez Pier, coñecido como Róber Pier, nado en Oleiros o 16 de febreiro de 1995, é un futbolista galego. Xoga de central no Levante, da Primeira División.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse futbolisticamente nas canteiras do Victoria e do Deportivo da Coruña, ao que chegou en idade cadete.[1] Na tempada 2012/13 compaxinou o equipo xuvenil co Fabril, co que disputou 18 partidos esa campaña, con José Luis Devesa como adestrador. Continuou tres anos máis no filial, todos en Terceira División, superando a centena de partidos.

O 2 de decembro de 2015 estreouse co primeiro equipo do Deportivo, xogando como titular nun partido de Copa do Rei contra a UE Llagostera no Nou Estadi de Palamós, con vitoria coruñesa por 1–2.[2] O 12 de marzo de 2016 debutou en Primeira División, nunha derrota a domicilio contra o Atlético de Madrid (3–0). Róber entrou substituíndo ao mancado Manuel Pablo.[3] Disputou un total de seis encotros co equipo de Víctor Sánchez esa tempada.

Na tempada 2016/17 saíu cedido ao Levante, da Segunda División.[4] Xogou máis da metade dos encontros e sumou o seu primeiro gol como profesional nun partido contra o Girona no Ciutat de València. O equipo adestrado por Muñiz proclamouse campión da categoría e logrou o ascenso á Primeira División.

A súa cesión ao club valenciano prolongouse dous anos máis, nos que o central galego disputou 48 partidos en Primeira e marcou o seu primeiro gol na categoría, nun empate 1-1 fronte ao Eibar.[5][6] Na penúltima xornada da tempada 2018/19 contra o Girona, sufriu a rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito, quedando fóra dos terreos do xogo durante máis dun ano.

A pesar da súa lesión, o Levante fíxose co xogador en propiedade en setembro de 2019, despois de tres anos de cesións por parte do Deportivo.[7][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Barreiros, Pedro (6 de xaneiro de 2016). "Un central siempre por delante". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2021. 
  2. "El Dépor celebra sus 400 partidos en Copa con una victoria y tres debuts (1-2)". Deportivo da Coruña. 2 de decembro 2015.  (en castelán)
  3. "El Dépor no puede con la roca rojiblanca (3-0)". Deportivo da Coruña. 12 de marzo 2016.  (en castelán)
  4. "Róber jugará cedido en el Levante una temporada". Deportivo da Coruña. 6 de xullo 2016.  (en castelán)
  5. "El Levante consigue prolongar la cesión de Róber Pier" (en castelán). 3 de agosto de 2017. Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2021. Consultado o 9 de decembro de 2021. 
  6. Burgos, Julián (7 de xullo de 2018). "Oficial: Rober Pier llega cedido del Depor por una temporada". As (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2021. 
  7. "Róber Pier se convierte en jugador del Levante UD" (en castelán). 2 de setembro de 2019. Consultado o 9 de decembro de 2021. 
  8. "Róber Pier, traspasado del Deportivo al Levante" (en castelán). 2 de setembro de 2019. Consultado o 9 de decembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]