Robert Broom

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robert Broom

Robert Broom (18661951) foi un médico e paleontólogo surafricano. Naceu en Paisley, Renfrew, Escocia e estudou na Universidade de Glasgow.
En 1897 aséntase en Sudáfrica e comezou a estudar os réptiles prehistóricos antecesores dos mamíferos, pero despois da descuberta do neno de Taung por Raymond Dart interesouse pola paleontoloxía. En 1934 comezou a traballar no Museo do Transvaal en Pretoria. A partir de 1936 seguintes fixo descubrimentos espectaculares, entre eles fragmentos de seis homínidos en Sterkfontein, posteriormente clasificados como australopithecinos adultos, así como máis descubrimentos en Kromdraai e Swartkrans. In 1937, Broom fixo o seu máis famoso descubrimento, un Australopithecus robustus. Eses descubrimentos apoiaron as teorías de Dart.