Rincón de Soto
Rincón de Soto é un municipio rioxano, situado ao leste de Logroño e pertencente á comarca de Alfaro. Conta con 3.710 habitantes segundo os datos do INE a 1 de xaneiro do 2008.
O norte do municipio está atravesado polo río Ebro. O cultivo principal da localidade é a pera que conta coa «denominación de orixe Rincón de Soto».
Rincón de Soto ten un clima mediterráneo coa correspondente flora característica. A súa situación xunto ao Ebro fai que o seu territorio sexa principalmente chairo e estea cheo de hortas con produtos típicos que son parte da paisaxe. Crecen, ademais, nestes campos os tamarices, salgueiros e chopos.
O concello é moi coñecido na Rioxa polas súas casas do século XVIII, que chaman a atención polos seus fermosos patios; polas súas dúas avenidas que se cruzan perpendicularmente; e pola súa igrexa de estilo barroco.