Autol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAutol
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°12′50″N 2°00′25″O / 42.213888888889, -2.0069444444444Coordenadas: 42°12′50″N 2°00′25″O / 42.213888888889, -2.0069444444444
EstadoEspaña
Comunidade autónomaA Rioxa Editar o valor em Wikidata
CapitalAutol Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación4.834 (2023) Editar o valor em Wikidata (56,68 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie85,28 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude462 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataCatalina Bastida de Miguel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal26560 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE26021 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webautol.org Editar o valor em Wikidata

Autol é un municipio da comunidade autónoma da Rioxa, España. Polo municipio transcorre o río Cidacos.

Economía[editar | editar a fonte]

Autol é o primeiro centro produtor de España de cogomelos e champiñóns. Foi tradicionalmente un concello agrícola cuxos cultivos básicos foron os de secaño e en menor proporción os de regadío. Así, destaca o cultivo de viñas, cereal e oliveira. Tamén ten unha rica horta, que é a base das empresas de conservas, unha das principais fontes económicas da poboación.

Actualmente ten un cultivo intensivo de espárragos, hortalizas, froitas, cogomelos e champiñones. Tamén existen empresas dedicadas á produción de compost e de sementes.

Medio Natural[editar | editar a fonte]

O Picuezo e a Picueza

Autol está situado en plena conca do río Cidacos, entre a serra de Erga e pena Isasa. Caracterízase por ter un clima continental de invernos fríos e veráns secos e calorosos. Isto fai que a serra próxima ao municipio estea composta de monte baixo con abundantes herbas aromáticas, piñeiros laricios e negrales.

Respecto da fauna, destacan o xabaril e o corzo e as abellas, posto que hai unha gran cantidade de colmeas artificiais que se constrúen debido á abundancia de plantas aromáticas.

Festividades[editar | editar a fonte]

O 3 de febreiro celébrase San Blas, onde é típico o bolo ou rosco de repostería chamado Barzón.

A partir do 7 de setembro celébranse as súas festas patronais en honra de San Adrián e Santa Natalia.

O miserere da montaña[editar | editar a fonte]

O último sábado de xuño celébrase o Miserere da montaña, representación da lenda de Gustavo Adolfo Bécquer, que se inspirou na ruínas do primeiro asentamento cisterciense que se fundou en España (situado no monte Erga a 1.100 m de altitude), levada a cabo pola Confraría do Santísimo de Autol.