Agoncillo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agoncillo é un concello da Rioxa, España, situado a 14 km de Logroño, a capital provincial. A súa poboación é de 1.138 habitantes (2006). No municipio está localizado o aeroporto de Logroño-Agoncillo.
Índice |
[editar] Xeografía
Polo norte do término municipal pasa o Río Ebro, que aquí recibe as augas do seu afluente o Leza. O concello ocupa unha área de 34,73 km².
[editar] Puntos de interese
[editar] Monumentos relixiosos
- Igrexa parroquial de Nosa Señora da Branca, do século XVIII.
- Ermida de Nosa Señora das Dores.
[editar] Monumentos civís
- Castello de Aguas Mansas.
[editar] Museos
- Museo Würz, de arte moderno, situado no polígono El Sequero.
[editar] Outros
- Xacemento de Velilla de Aracanta, habitado aínda na Idade Media, cando se denominaba sinxelamente Biliella ou Velilla.
[editar] Festas
- 16 de agosto, festas patronais en honra de San Roque.