Alberite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alberite

Alberite é un municipio da comunidade autónoma da Rioxa, España.

Alberite está situado en pleno val do río Iregua, a 7,5 km da capital rioxana, Logroño, a cuxa comarca pertence; ocupa unha extensión aproximada de 20 quilómetros cadrados e a súa altitude sobre o nivel do mar é de 452 metros. Limita ao norte e ao leste co municipio de Villamediana de Iregua, ao oeste co de Lardero, e ao sur co de Albelda de Iregua.

A proximidade a Logroño fixo que a vila se beneficie da crecente industrialización e, como consecuencia, a poboación aumentou considerablemente ao longo dos últimos anos ata chegar ás máis de 2.000 persoas que a compón na actualidade.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alberite