Rickettsiales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rickettsiales
Rickettsia rickettsii
Rickettsia rickettsii
Clasificación científica
Reino: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Alphaproteobacteria
Orde: Rickettsiales
Gieszczkiewicz, 1939
Familias

Rickettsiaceae
Anaplasmataceae [1] Holosporaceae

A orde Rickettsiales, que comprende as rickettsias, é un pequeno orde de proteobacterias. A maioría das especies descritas deste grupo só poden vivir como endosimbiontes doutras células. Algunhas especies son patóxenos importantes, como Rickettsia, que causa diversas enfermidades nos humanos. Son importantes tamén porque os estudos xenéticos realizados apoian a teoría endosimbiótica, que di que as mitocondrias e outros orgánulos relacionados (hidroxenosoma, mitosoma) se orixinaron a partir de membros deste grupo bacteriano. Algúns tamén especularon que os virus se puideron desenvolver a partir de organismos como estes, aínda que as probas non son suficientes.

As Rickettsiales son un dos grupos de proteobacterias máis enigmático, debido principalmente ás dificultades para cultivalos e estudalos. Inicialmente o grupo incluía todas as bacterias endosimbiontes obrigadas. Porén, varias especies foron pasadas a outros grupos, como Coxiella burnetii, causante da febre Q. En mostras tomadas do medio ambiente acuático detectouse a presenza de varios xenes que pertencen a este grupo, o que indica que debe de haber un certo número de especies de Rickettsiales planctónicas de vida libre. Entre estas está a chamada SAR11, que posteriormente foi cultivada e recibiu o nome de Pelagibacter ubique, que se considera que é unha das bacterias máis comúns do mundo.

A composición exacta e clasificación do grupo está lonxe de ser ben establecida. Xeralmente admítense as familias Rickettsiaceae e Anaplasmataceae.

Filoxenia[editar | editar a fonte]

A seguinte filoxenia das Rickettsiales foi elaborada por Williams et al (2007) [2].


Outras alfaproteobacterias

Rhodospirillales, Sphingomonadales, Rhodobacteraceae, Rhizobiales, etc.


Rickettsiales
clado SAR11

Pelagibacter ubique




Mitocondrias



Anaplasmataceae



Ehrlichia



Anaplasma




Wolbachia




Neorickettsia



Rickettsiaceae

Rickettsia







Notas[editar | editar a fonte]

  1. Garrity, George (2005). Bergey's Manual of Systematic Bacteriology. Springer. ISBN 0-387-24145-0.
  2. Williams, K. P.; Sobral, B. W.; Dickerman, A. W. (2007). "A Robust Species Tree for the Alphaproteobacteria". Journal of Bacteriology 189 (13): 4578–4586. DOI:10.1128/JB.00269-07. PMC 1913456. PMID 17483224. [1].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]