Ricardo Jorge Silva Barreiros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ricardo Jorge Silva Barreiros, nado en Sintra o 17 de xaneiro de 1982, é un xogador de hóckey a patíns portugués. Xoga como medio e avanzado. É considerado como un dos mellores xogadores portugueses da súa modalidade.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou no Paço de Arcos na Primeira División Portuguesa na tempada 2001-02 (xogando no equipo sénior e no júnior), o tempada 2002-03 foi a última que disputou co Paço d'Arcos, xa que no 2004 ficharía polo SL Benfica, no que ficou ata que na tempada 2009-10 asinou polo club galego do H.C. Liceo, no que milita actualmente e co que se proclamou campión da Copa CERS esa mesma tempada.

Ricardo Barreiros é internacional pola selección de Portugal, selección coa que debutou no 2003. Xogou nas fases finais do Campionato de Europa, no 2004, 2006 e 2008, e nas fases finais do Campionato do Mundo "A", no 2005, 2007 e 2009. O seu mellor resultado foi o 2º lugar no Campionato de Europa de 2008, onde foi o máximo goleador, con 10 goles.

Equipos[editar | editar a fonte]

Logros[editar | editar a fonte]

SL Benfica[editar | editar a fonte]

Selección de Portugal[editar | editar a fonte]

Títulos[editar | editar a fonte]

Liceo[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

[[Ficheiro:|40px|none]]
A Galipedia ten un portal sobre:

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]