Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns 2013
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo ou sección refírese a un tema de actualidade. A información fornecida aquí pode cambiar en calquera momento. Por favor, non achegues datos especulativos e lembra indicar referencias a fontes fiábeis. |
A 41ª edición do Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns terá lugar o ano 2013 nas localidades angolanas de Luanda e Namibe, sendo a primeira vez que se despute a competición en África.
Sede [editar]
Inicialmente presentáronse catro candidaturas para acoller o campionato: Portugal, coa principal sede en Porto; Chile; Francia, con sede en La Roche-sur-Yon; e Angola, coa principal sede na capital, Luanda. O día 10 de outubro de 2010 o CIRH designaba á candidatura angolana como organizadora do torneo na asemblea celebrada en Dorbrinn (Austria).[1][2] Luanda e Namibe serán as cidades que acollerán o torneo.[3]