Ricardo Barros Pintos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ricardo Barros Pintos, nado en Pontevedra cara 1865 e finado na mesma cidade o 13 de xullo de 1938[1], foi un xornalista e poeta galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Funcionario do concello de Pontevedra, do que chegou a ser arquiveiro. Colaborou no semanario O Novo Galiciano e publicou os seus poemas en El Eco de Santiago, Lar Galicián, Suevia e Aires d'a Miña Terra de Arxentina e Cultura Gallega de Cuba. En 1888 apareceu como folletín en La Crónica de Pontevedra un Vocabulario español de las voces más usuales da súa autoría. A súa obra poética aparece recollida no volume Ventureiras (1909). Tamén se lle atribúe a obra Fabas e Castañas.

Finou como consecuencia de recibir un disparo accidental no edificio do concello de Pontevedra o 8 de xullo de 1938[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en Diario de Pontevedra, 14-7-1938, p. 2.
  2. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 15-7-1938, p. 5.