Relacións Bután-China

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bután–China
Map indicating locations of China and Bután

China

Bután

O Reino de Bután e a República Popular da China non manteñen relacións diplomáticas oficiais, e as relacións son historicamente tensas.[1][2][3] A República Popular da China comparte unha fronteira contigua de 470 quilómetros con Bután e as disputas territorias con Bután foron unha fonte de conflito potencial. Dende a década de 1980, os dous gobernos mantiveron conversas periódicas sobre cuestións fronteirizas e de seguridade destinadas a reducir as tensións.[1][2][3]

Contexto[editar | editar a fonte]

Bután ten fortes conexións culturais, históricas, relixiosas e económicas co Tíbet. As relacións co Tíbet foron tensas cando a China anexionou o Tíbet na década de 1950. A diferenza do Tíbet, Bután non tiña antecedentes de estar baixo a soberanía da China nin de estar baixo a soberanía británica durante o Raj Británico.

A fronteira de Bután co Tíbet nunca foi recoñecida oficialmente, e moito menos demarcada. A República da China mantén oficialmente unha reivindicación territorial sobre partes de Bután ata hoxe.[4] A reivindicación territorial foi mantida pola República Popular Chinesa despois de que o Partido Comunista da China tomase o control da China continental na guerra civil chinesa. Co aumento de soldados no lado chinés da fronteira sino-butanesa tras o acordo de 17 puntos entre o goberno tibetano e o goberno central da Repüblica Popular da China, Bután retirou o seu representante de Lhasa.[4][5][6]

O alzamento tibetano de 1959 e a chegada do 14º Dalai Lama á veciña Indiafixo que a seguridade da fronteira de Bután coa China fose unha necesidade para Bután. Estímase que uns 6.000 tibetanos fuxiron a Bután e foronlles concedido o asilo, aínda que Bután posteriormente pechou a súa fronteira coa China temendo máis refuxiados.[4][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 A New Bhutan Calling (14 de maio de 2008). OutlookIndia.com. Consultado o 30 de maio de 2008.
  2. 2,0 2,1 "Bhutan-China Relations". Bhutannewsonline.com. 5 de xullo de 2004. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2009. Consultado o 2008-05-30. 
  3. 3,0 3,1 Hussain, Wasbir (maio de 2007). "India and the upcoming Druk democracy". Himal Southasian. Arquivado dende o orixinal o 2008-01-13. Consultado o 2008-05-30. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Savada, Andrea Matles (setembro de 1991). Nepal and Bhutan : country studies. Library of Congress. pp. 330–333. ISBN 0844407771. Consultado o 2008-05-30. 
  5. Balaji, Mohan (12 de xaneiro de 2008). "In Bhutan, China and India collide". Asia Times Online. Arquivado dende o orixinal o 9 de maio de 2008. Consultado o 30 de maio de 2008. 
  6. M Shamsur Rabb Khan (8 de abril de 2008). "Elections in the Himalayan Kingdom: New Dawn of India-Bhutan Relations". Institute of Peace & Conflict Studies. Consultado o 29 de maio de 2008. 
  7. Bhutan: a land frozen in time (9 de febreiro de 1998). BBC. Consultado o 30 de maio de 2008.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]