Relacións Bután-Canadá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Relacións Bután–Canadá
Map indicating locations of Bután and Canadá

Bután

Canadá
Misión diplomática
Nova YorkNova Deli

As relacións de Bután e o Canadá refírense ás relacións bilaterais entre Bután e o Canadá. O Reino de Bután mantén relacións oficiais co Canadá dende o ano 2003. Aínda que ningún país ten un embaixador residente, a Alta Comisión canadense en Nova Deli serve como representante consular do Canadá para Bután. A misión de Bután está situada na Misión Butanesa ante as Nacións Unidas en Nova York.[1][2] As relacións entre as dúas nacións foron descritas como estreitas e cálidas.[3][4][5]

Historia[editar | editar a fonte]

A relación comezou na década de 1960, cando o xesuíta canadense William Mackey construíu o primeiro instituto de Bután. Mackey e varios outros canadenses procederían despois a fundar o sistema educativo de Bután.[6][7]

O Canadá converteuse no vixésimo segundo país en estabelecer relacións bilaterais con Bután no ano 2003.[8] O 10 de agosto de 2009, Joseph Caron visitou o Tashichhodzong en nome do goberno canadense.[3]

En 2018, o Canadá e Bután celebraron 15 anos de relacións diplomáticas.[9]

Canadenses de orixe butanesa[editar | editar a fonte]

Segundo o embaixador Nadir Patel, 4 000 butaneses viven no Canadá.[5] Porén, o goberno canadense cifra o seu número en cando menos 6 000 refuxiados butaneses.[10]

A meirande comunidade de butaneses no Canadá atópase en Lethbridge, Alberta.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Canada, Global Affairs (2019-09-19). "Canada-Bhutan relations". GAC. Arquivado dende o orixinal o 2021-10-20. Consultado o 2021-10-20. 
  2. Government of Canada, Global Affairs Canada (2012-11-16). "Embassies and consulates for Bhutan". Travel.gc.ca. Arquivado dende o orixinal o 2021-09-11. Consultado o 2021-10-20. 
  3. 3,0 3,1 "Visit by Canada's Ambassador-designate to Bhutan – Ministry of Foreign Affairs". Arquivado dende o orixinal o 2021-10-03. Consultado o 2021-10-20. 
  4. "History of Canada and Bhutan". Bhutan Canada Foundation (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2021-10-20. Consultado o 2021-10-20. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Newspaper, Bhutan's Daily. "Canada's partnership with Bhutan has evolved into a multi-dimensional relationship: Ambassador Patel". Kuensel Online. Arquivado dende o orixinal o 2021-04-11. Consultado o 2021-10-20. 
  6. "History of Canada and Bhutan". Bhutan Canada Foundation (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2021-10-20. Consultado o 2021-10-20. 
  7. "Press Release – Ministry of Foreign Affairs". Arquivado dende o orixinal o 2019-11-27. Consultado o 2021-10-20. 
  8. "Bilateral Relations – Ministry of Foreign Affairs". Arquivado dende o orixinal o 2021-10-19. Consultado o 2021-10-20. 
  9. "Archived copy" (PDF). Arquivado (PDF) dende o orixinal o 2019-09-05. Consultado o 2021-10-20. 
  10. Canada, Global Affairs (2019-09-19). "Canada-Bhutan relations". GAC. Arquivado dende o orixinal o 2021-10-20. Consultado o 2021-10-20. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]