Refuxiados butaneses

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Refuxiados butaneses en Beldangi I cun pasaporte de Bután. É un pasaporte legal de Bután que moitos refuxiados butaneses levaron consigo agochado cando foron deportados á forza de Bután.

Os refuxiados butaneses son lhotshampa ("sureños"), un grupo de butaneses de fala nepalesa. Estes refuxiados rexistráronse nos campos de refuxiados do leste do Nepal durante a década de 1990 como cidadáns butaneses deportados de Bután por mor das protesta contra as medidas opresivas do goberno butanés por parte dalgúns dos lhotshampas, os cales esixiron dereitos humanos e democracia en Bután. Como o Nepal e Bután aínda teñen que aplicar un acordo de repatriación, moitos refuxiados butaneses reinstaláronse dende entón en América do Norte, Oceanía e Europa baixo os auspicios da Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados. Moitos refuxiados lhotshampa tamén emigraron a áreas de Bengala Occidental e Assam, na India.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]