Reinhard Heydrich
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reinhard Tristan Eugen Heydrich, nado en Halle, Alemaña, o 7 de marzo de 1904 e finado en Praga o 4 de xuño de 1942, foi un militar alemán.
Traxectoria [editar]
Alcumado a besta loira, foi o segundo home das SS da Alemaña nazi. En 1936 foi nomeado líder da Gestapo. Ademais, foi protector de Bohemia e Moravia e, dende 1939, director da Oficina Central de Seguridade do Reich. Convocou e presidiu a Conferencia de Wannsee, onde se planificou o exterminio dos xudeus en Europa. Finou asasinado en Praga nunha operación conxunta de británicos e checos.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- El genocida nazi que tocaba el violín, artigo sobre Heydrich publicado en El País por Julián Casanova, 3-6-2012 (en castelán).