Raymond T. Baker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRaymond T. Baker

Raymond T. Baker
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos
(1917-1922)

Biografía
Nacemento22 de novembro de 1877
Eureka.
Nevada.
Morte28 de abril de 1935 (57 anos)
Washington, D.C.
Datos persoais
País de nacionalidade Estadounidense
EducaciónUniversidade de Nevada, Reno.
Universidade Stanford.
Actividade
OcupaciónHome de negocios e alto funcionario.
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeDelphine Dodge (1928–1935), morte da persoa
Margaret Emerson (1918–1928), divorcio
FillosGloria Baker (en) Traducir
 () Margaret Emerson (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 166714297 Editar o valor em Wikidata


Raymond Thomas Baker, nado en Eureka, Nevada, o 22 de novembro de 1877 e finado en Washington o 28 de abril de 1935, foi un home de negocios e alto funcionario estadounidense, que ocupou o posto de director da Casa da Moeda dos Estados Unuidos entre 1917 e 1922.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Baker naceu en Eureka, no condado do mesmo nome, en Nevada, o 22 de novembro de 1877,[1] fillo de Mary Agnes Hall e de George Washington Baker, o conselleiro principal da compañía de ferrocarril Southern Pacific Railroad.[2] O seu irmán Cleve Baker foi fiscal xeral de Nevada.[3]

Cursou a súa educación secundaria na Oakland High School e na Anderson's Academy, ambas en Oakland, California,[3] e posteriormente formouse na Universidade de Nevada, Reno, e na Universidade Stanford.

Carreira rpofesional[editar | editar a fonte]

Concluída a súa etapa universitaria, Baker dedicouse á minaría do ouro e chegou a ser un dos maiores investidores neste sector en Rawhide, Nevada. Cando vendeu os seus títulos, converteuse nun home moi rico.[4]

Durante moito tempo amosou interese pola reforma penitenciaria e en 1911, un ano despois de que o seu irmán fose nomeado fiscal xeral do Estado, Baker, que fora o director da súa campaña, accedeu ao cargo de alcaide da prisión estatal de Nevada, que ocupou desde o 1 de febreiro dese ano ata o 10 de maio de 1912.[1][3]

En 1913 dirixiu con éxito a campaña electoral de Key Pittman ao Senado e, logo de que este tomase posesión, foi o seu secretario en Washington.[1][5]

En 1915, Baker trasladouse a Rusia para ocupar durante dous anos o posto de secretario persoal de George T. Marye, o embaixador dos Estados Unidos naquel país.[5]

O director da US Mint, Raymond T. Baker, e o deseñador Anthony de Francisci examinando un molde en xeso do novo dólar Peace (1921).

Ao seu regreso de Rusia, o presidente Woodrow Wilson nomeouno en 1917 director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, posto que ocupou ata marzo de 1922.[1][6] O primeiro ano do seu mandato estivo marcado pola morte do gravador xefe da Casa da Moeda, Charles e Barber, e o nomeamento do seu sucersor, Gerorge T. Morgan. Un dos fitos deste período foi a posta en circulación do coñecido como dólar Peace, en 1921.[5][7]

Logo de deixar o seu posto na Casa da Moeda, Baker retomou os seus negocios relacionados coa minaría e introduciuse tamén no sector bancario.[5]

Baker presentouse por Nevada ás eleccións ao Senado de 1926, dentro da candidatura demócrata, mais acabou derrotado polo candidato republicano Tasker Oddie.[1][5][8]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Fotografía familiar de Raymond T. Baker (1920).

O 12 de xuño de 1918 casou coa rica herdeira Margaret Emerson Vanderbilt (1886-1960), viúva de Alfred Gwynne Vanderbilten, en Lenox, Massachusetts,[9] con quen tivo unha filla.[1] Raymond e Margaret divorciáronse o 1 de outubro de 1928.

O 4 de decembro de 1928, Baker casou en segundas nupcias con Delphine Dodge Cromvell (1899-1943), filla do fundador da Marca automobilística Dodge (Dodge Motor Company).[10] Coa súa segunda esposa tivo outra filla.[1]

Baker faleceu por mor dunha trombose coronaria o 28 de abril de 1935, en Washington,[5] uns tres meses despois de sufrir un ataque ao corazón.[11][12] Foi incinerado e as súas cinzas foron soterradas no cemiterio de Mountain View, en Oakland, California.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
F. H. von Engelken

Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

1917-1922
Sucesor:
Frank Edgar Scobey