Ramón Romay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ramón Lorenzo Romay Jiménez de Cisneros, nado en Betanzos o 9 de agosto de 1764 e finado en Madrid o 23 de maio de 1849, foi un mariño galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou en 1780 no Colexio Naval de Ferrol, iniciando a súa carreira na Armada. Interveu en batallas navais en Europa, América e o norte de África. Ascendeu a tenente de navío (1797) e enfrontouse cos ingleses do almirante Jewis fronte ao cabo de San Vicente. Despois da entrada das tropas napoleónicas en España en 1807, destacou na Guerra da Independencia, recuperando o 18 de xaneiro de 1811 a cidade de La Bañeza ao mando de dous batallóns de Infantería de Mariña, ostentando o grao de Capitán de Fragata. Ascendeu a brigadier (1814) e opúxose á restauración da monarquía apoiando o levantamento de Porlier. Fuxiu ao Reino Unido e volveu a España logo do Pronunciamento de las Cabezas de San Juan.

Durante o trienio liberal foi nomeado Comandante Militar da provincia de Vigo. Abandonou o posto ao ser nomeado, o 28 de febreiro de 1823, Ministro de Mariña, cargo que conservou ata o 20 de abril dese ano, pois unha nova restauración absolutista obrigouno a exiliarse de novo en Inglaterra ata 1832. Presidiu a Xunta Revolucionaria de Cádiz, foi capitán xeneral da Armada e director xeneral da mesma, ademais de senador pola Coruña (1837-1838) e senador vitalicio (1845-1846). Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]