José Novo Rodríguez (político)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Novo Rodríguez

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) José Novo Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1893 Editar o valor em Wikidata
Betanzos, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xullo de 1936 Editar o valor em Wikidata (42/43 anos)
Betanzos, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoIzquierda Republicana Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Novo Rodríguez, nado en Betanzos en 1893 e finado na mesma cidade o 29 de xullo de 1936 foi un xastre e político republicano de Galicia, vítima da represión na zona franquista durante a Guerra civil española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

José Novo foi elixido concelleiro do concello de Betanzos nas eleccións municipais de 1931, na convocatoria de maio, dado que as de abril foron anuladas ao contabilizarse máis de 1000 votos que votantes tiña a poboación, debido a un intento da dereita política local de controlar o poder municipal.[Cómpre referencia] Por entón Novo pertencía á Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) (aínda que máis tarde integraríase en Izquierda Republicana), que xunto con outras forzas progresistas encabezou as listas ás eleccións. Proclamada a Segunda República, foi nomeado primeiro tenente de alcalde, cargo que mantivo até 1932 no que foi elixido alcalde até 1933. Casado e pai de cinco fillos, Novo era de profundas conviccións republicanas e fervente anticlerical, e non escondeu as súas opinións que facía públicas cando consideraba necesario nas súas intervencións políticas, en panfletos e en artigos nas publicacións locais. A súa posición sobre a igrexa católica era crítica, en especial coa situación predominante da que gozaban na sociedade galega, aínda que xamais favoreceu nin instigou persecución algunha, nin participou en actos violentos.[Cómpre referencia] As súas posicións anticlericais manifestáronse, sobre todo, na oposición ás prebendas eclesiásticas de todo orde. Na Galicia da época, a dereita política, e en especial a Unión Rexional de Dereitas de Betanzos e a Asociación Feminina da Unión Rexional de Dereitas, creadas durante a República, viu en Novo un inimigo ao que se lle atribuíu unha lenda de malvado, chegando a asegurarse que participaba en rifas para repartirse as mozas da localidade xunto con outros militantes de esquerda na Casa do Pobo,[Cómpre referencia] acusacións totalmente falsas que a maioría consideraban unha broma. Tamén se lle atribuíron polos círculos locais acusacións de fomentar o tiro na caluga para os seus opositores, pero o certo é que até o estalido da guerra, non houbo en Betanzos no período republicano un só crime.[Cómpre referencia]

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 co que se deu inicio á guerra, Novo, xunto co que tamén fora alcalde de Betanzos, o socialista Tomás López da Torre, partiu da cidade o 22 de xullo coa entrada das columnas sublevadas procedentes da Coruña e o fin da pouca resistencia que puido soportar a cidade. Ambos foron interceptados en Guitiriz. Mentres que López da Torre foi levado ao cárcere de Betanzos e desde alí a A Coruña, onde sería fusilado en outubro,[Cómpre referencia] Novo permaneceu en Betanzos até o 29 de xullo, cando foi sacado e executado na madrugada.[Cómpre referencia] Xunto a el foi executado tamén o condutor que o trasladou á execución por orde dos sublevados, dado que nun primeiro momento negouse á viaxe debido ao seu parentesco con Novo.[Cómpre referencia] Tras a execución forzouse ao xuíz local, amigo íntimo de Novo, a que dese fe da celebración dun consello de guerra sumarísimo contra Novo baixo a acusación de fomentar a rebelión militar contra os sublevados e de incendiar a igrexa e o mosteiro de San Francisco de Betanzos,[Cómpre referencia] feitos que ocorreron con posterioridade á saída de Novo e López da Torre e que en realidade foron provocados por elementos da dereita política procedentes de Ferrol para xustificar a represión posterior.[Cómpre referencia]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Víctor Montoto Arias
 
Alcalde de Betanzos
 
1932 - 1933
Sucesor:
Ramón Beade Méndez