Raimbaut de Vaqueiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Raimbaut de Vaqueiras, BNF Richelieu Manuscrits Français 854, Bibliothèque Nationale Française, París
Rimbaut compuxo un descordo plurilingüe, usando o galego-portugués, entre outras linguas

Raimbaut de Vaqueiras ou Riambaut de Vaqueyras, activo desde aproximadamente 1180 e falecido o 4 de setembro de 1207, foi un trobador provenzal e, máis tarde, cabaleiro. A súa vida xirou principalmente en torno á corte en Italia até 1203, cando se incorporou á Cuarta Cruzada.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como o seu nome indica, procedía de Raimbaut Vacqueyras, cerca de Orange, Francia. Pasou a maior parte da súa carreira como poeta na corte e foi amigo de Bonifacio I de Montferrat. Serviu con el na loita contra os municipios de Asti e Alessandria. Raimbaut alegou obter a categoría de cabaleiro grazas á protección de Bonifacio co seu escudo na batalla de Messina, cando tomou parte co emperador Henrique VI na invasión de Sicilia. Estivo presente no asedio e toma de Constantinopla en 1204 e, a continuación, acompañou a Bonifacio a Tesalónica.

Os seus escritos, en particular a denominada Carta Épica, forman un importante comentario sobre a política do Imperio Latino nos seus primeiros anos.

Xeralmente suponse que Raimbaut faleceu o 4 de setembro de 1207, xunto con Bonifacio, nunha emboscada que lles fixeron os búlgaros.

Sobreviviu unicamente unha edición das obras atribuídas a Raimbaut composta de 33 cancións e oito melodías asociadas. Utilizou unha ampla gama de estilos. Unha das súas cancións, Kalenda Maia, está considerada como unha das mellores melodías de trobadores.

É salientábel unha composición poética, titulada Eras quan vey verdeyar e pertencente ao xénero do descordo, na que empregou o galego-portugués, entre outras linguas.

Vaqueiras na ficción[editar | editar a fonte]

En 1922, Vaqueiras foi obxecto dun verso de teatro por Nino Berrini, Rambaldo di Vaqueiras: I Monferrato, procedente en Cyrano de Bergerac, de Edmond Rostand.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Los poemas del trovador Raimbaut de Vaqueiras, edición e tradución: Joseph Linskill. La Haya: Mouton, 1964.
  • Nino Berrini, Rambaldo di Vaqueiras: I Monferrato. Milán, 1922.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]